26 de xan. de 2019

MADRID

PREVISIÓN DE ACTOS NA DELEGACIÓN DA XUNTA DE GALICIA EN MADRID/CASA DE GALICIA 

PARA A SEMANA DO LUNS 28 DE XANEIRO AO VENRES 1 DE FEBREIRO DE DE 2019  

Luns, 28 
19:30 horas 

 A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acollerá a presentación da novela "Los hijos de la Revolución Francesa", de Manuel Janeiro, editada por elcercano.com, unha obra de prosa  vivaz, breves capítulos, crítica social, amizade e que pode interesar a todas as xeracións.  

 No acto intervirán, ademais do autor Manuel Janeiro; o editor Moncho Conde-Corbal; e os escritores Ángel Lozano e Miguel Ángel Mendo.  

Martes, 29 
19:30 horas 

 Presentación do Celtic Madrid Festival que celebrará a I Edición no Invernadoiro da Praza de Touros de Las Ventas os días 15 e 16 de febreiro, un espazo climatizado que acollerá as actuacións de grupos míticos de música celta como Milladoiro, La Musgaña,  Capercaillie... 

 Na presentación na Casa de Galicia intervirán o director do Festival, Alfonso Blanco; o produtor musical Pucho Suárez; e os intérpretes Javier Franco (gaita) e Alfonso Blanco (guitarra), quenes ofrecerá unha breve actuación musical.

Ningún comentario:

Publicar un comentario