CULTURA
O artista Alfonso Vicente Rey participa na mostra colectiva Lugar(es)
· Do 14 ao 30 de xaneiro de 2019, na sala de exposicions da Facultade de Belas Artes, da Universidade Complutense de Madrid
Infogauda / Madrid
Arredor das 13:30 h. deste luns día 14 de xaneiro de 2019, ven de inaugurarse na sala de exposicións de Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid, a mostra Lugar(es), na que participa o artista Alfonso Vicente Rey (A Guarda, 1973), licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, e técnico superior en Ilustración, pola Escola de Arte Antonio Faílde, de Ourense; dibuxante, pintor, gravador, ...
Lugar(es) é unha exposición colectiva que reúne o traballo dun grupo de artistas no que é un achegamento ecléctico e heteroxéneo á idea de paisaxe. Desde a representación dos lugares físicos ata a exploración dos espazos mentais, pasando por áreas afectivas como a familia, elaborouse un relato con tantas ramificacións como pezas figuran na mostra. En total trátase da obra de 27 autores e autoras, un conxunto formado por artistas profesionais e alumnado da Facultade de Belas Artes xunto a unha pequena representación do profesorado do propio centro. Esta combinación responde o interese por potenciar tanto a creación artística interdisciplinar como a integración dos alumnos e alumnas da Universidade Complutense no tecido artístico profesional.
Comisario: Juan Gil Segovia (Profesor del Departamento de Pintura y Conservación-Restauración).
Artistas Participantes: Alfonso Vicente Rey, Alfredo Omaña, Alicia Cadenas Martínez, Álvaro Caballero Jarnés, Raquel Atanes Rodríguez, Ana Alborés Prejigueiro, Carmen B. Mike, Clara Isabel Arribas Cerezo, Dolores Fernández, Javier Gil Muñiz, Jesús Alonso, José Antonio Arribas, José María Benéitez, José María Marbán, Juan Gutiérrez Solana, Lucas Marcos Barquilla, Mara Sancho Almunia, Mariano Olcese Segarra, Marina Holguín Radigales, Mauro Hernández, Óscar Parasiego, Paloma Peláez Bravo, Paula Rodríguez Magro, Pilar Duque, Rodrigo Moreno, Sandra Malvar y Yi Ten Lai Fernández.
Coordinación: Vicedecanato de Cultura, Facultad de Bellas Artes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario