28 de xan. de 2019

DEPORTES

ATLETISMO

ÁLEX SIERPES PEREIRA FAISE CO OURO, E YERAY DACUÑA SIERPES, CO BRONCE

· NO CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS FEDERADO 2019, CELEBRADO NA RÚA (OURENSE) 

SENDO ESTA VEZ OS MELLORES DA SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA, DE TOMIÑO

Yeray Dacuña Sierpes e Álex Sierpes Pereira coas súas correspondentes medallas

Sociedade Atlética do Trega / Tomiño

 Ás 10:30 horas do domingo día 27 de xaneiro de 2019 deu comezo no Concello da Rúa (Ourense) o XXIII Memorial Alejandro Lorenzo, unha das citas da tempada máis importantes do Campo a través, reservado para a disputa do Campionato de Galicia das categorías de base Sub10, Sub12,  Sub14. 

 A xornada empezou co ceo escuro, nubrado, con chuvascos intermitentes e unha sensación térmica de frío, creando unha xornada de auténtico Cros. 

Adestradores e deportistas da Sociedade Atlética do Trega, que estiveron no XXIII Memorial Alejandro Lorenzo

 A continuación, a partir de ás 12:05 horas buscaron praza para o Nacional,  Sub16,  sub18, individual e por equipos, onde se conseguiron os primeiros títulos autonómicos de Cros federado e pechando o evento, cos Relevos Mixtas Absolutas. 

 O mellor do club Sociedade Atlética do Trega asinouno, como non! o guardés Álex Sierpes Pereira na categoría de Sub12, que nunha distancia de 2.000 m, avantaxou ao segundo, sacándolle 20", facéndose coa medalla de ouro e proclamándose unha vez máis campíon galego de Cros federado, non fallando aos prognósticos como un dos favoritos en vitoria final. 

 O bronce conseguiuno o mozo tomiñés, Yeray Dacuña Sierpes, na categoría Sub10, nunha distancia de 800 metros. A pena foi que se lle escapou a vitoria na última recta, encarando a meta. Toda unha pena, pero para nós cunha nota 10 igualmente. 

 O máis desfavorable da mañá foron, os dous cuartos postos de Amanda Martínez, na Sub10 e Marcela Morgado na Sub16, esta última, quedándose a un posto da praza para España. Estamos convencidos, que traballando coas mesmas ganas, chegarán os resultados desa praza tan desexada. 

Felicidades a tódolos nosos atletas participantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario