SANIDADE
O BNG presenta na Guarda unha moción en apoio ao conflito das traballadoras do Centro de Saúde
Ángel Luis Baz Vicente, portavoz do BNG no Concello de A Guarda: “O BNG quere expresar a súa solidariedade e apoio aos traballadores e traballadoras do PAC da Guarda diante das accións que están a realizar en protesta polas condicións de traballo”
Ángel Luis Baz Vicente, portavoz do BNG no Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presentou unha moción para ser discutida en pleno na que “se insta á Consellería de Sanidade e ao SERGAS a negociar cos traballadores e traballadoras da sanidade pública as demandas laborais presentadas polo colectivo, así como amosar a solidariedade do pobo da Guarda ante a situación que están a vivir”.
Segundo refire Ángel Luis Baz Vicente, portavoz do BNG no Concello de A Guarda, “hai máis de 10 meses as traballadoras dos PAC presentaron por escrito unha táboa de reivindicacións que recollían as necesidades deste colectivo para realizar o traballo en condicións de seguridade e con calidade asistencial. Entre as reivindicacións están os equipos paritarios enfermería-persoal médico, dotación de necesidades dos PAC, cumprimento da normativa europea de tempo de traballo, dotación de equipos de protección individualizados, ....
Para o BNG a situación é insostíbel e consecuencia da política sanitaria do PP, que levou a unha degradación de tal calibre dos servizos sanitariosque fixo poñer en pé de guerra aos traballadores e traballadoras dos PAC.
Asemade, para o BNG é preocupante a situación na que está deixando o PP a sanidade galega, en especial os servizos sanitarios da Guarda”.
O BNG LEVA ANOS RECLAMANDO VARIAS MELLORAS PARA O CENTRO DE SAÚDE
O BNG LEVA ANOS RECLAMANDO VARIAS MELLORAS PARA O CENTRO DE SAÚDE
“Dende o BNG levamos anos reclamando unha serie de melloras para o entro de Saúde da Guarda: mellora do servizo de urxencias, implantación dun servizo de radioloxía, unha ambulancia medicalizada, ... e o PP negou todas estas reivindicacións para a Guarda”, comentou Ángel Luis Baz, portavoz municipal do BNG.
Compre salientar que “o BNG presentou unha serie de emendas aos orzamentos da Xunta para o ano 2019 no que se inclúen melloras para o PAC da Guarda como un servizo de radioloxía, unha ambulancia medicalizada ou a mellora do servizo de urxencias”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario