14 de xan. de 2019

A GUARDA

CULTURA

O cinema de inverno continúa 

Con “O Gran Showman”, este venres, día 18 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Centro Cultural 

Infogauda / A Guarda

 O Centro Cultural da Guarda acolle este venres día 18 de xaneiro de 2019, ás 21:00 horas unha nova sesión do cinema de inverno coa proxección da película “O gran showman”, apta para todos os públicos.  

 “O gran showman” é unha película dirixida por Michael Gracey e protagonizada por Hugh Jackman, que está baseada na historia real do fundador do circo Ringling Brothers and Barnum & Bailey Circus. Gañou o Globo de Ouro á Mellor canción por This is me e recibiu nominacións a mellor actor de comedia ou musical e a mellor película de comedia ou musical, así como a nominación a mellor canción nos Oscar. 

 Esta proxección forma parte dos diferentes ciclos de cinema que se organizan ao longo do ano dende a Concellería de Cultura. É unha actividade de balde ata completar o aforo, para a que non é preciso retirar entradas con anterioridade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario