Varios productos de hixiene persoal provocan atascos na rede de saneamento municipal
Nas imaxes queda ben patente que é o que non debemos de facer con varios artigos de hixiene íntima e persoal
Fotos: C. A.G.
Infogauda / A Guarda
O Concello da Guarda a través da Concellería de Medio Ambiente e da Concellería de Servizos ven de facer un chamamento conxunto a toda a cidadanía para evitar que materiais como as toalliñas desechables e os bastoncillos non cheguen á rede de saneamento municipal, xa que provocan atascos e o deterioro das tubaxes e estacións de bombeo, en detrimento da calidade deste servizo, provocando ademais un impacto negativo no medio ambiente.
Recentemente, técnicos municipais tiveron que realizar unha limpeza exhaustiva de boa parte do sistema de saneamento da vila a consecuencia dos atascos provocados por este tipo de materiais, que, en ningunha circunstancia, deberían de chegar á rede de saneamento.
Este tipo de atascos e reparacións son cada vez máis comúns, o que significa un custe cada vez maior para as arcas municipais, polo que se fai un chamamento ao seu uso responsable á vez que se anuncia unha campaña de sensibilización sobre o efecto negativo que unha acción tan sinxela coma tirar estes materiais ao WC pode ocasionar.
HAI MAIS PRODUCTOS QUE NON DEBEMOS BOTAR O INODORO
Desde este xornal dixital queremos incidir que non soio causan problemas na rede de saneamento municipal os productos que se indica na nota emitida polo executivo municipal do Concello de A Guarda, senón que hai outros que tamén poden xerar - e de feito xeran - problemas por non depositalos nos lugares axeitados. Referímonos a artigos de hixiene íntima (compresas, pañais, panos húmidos, salva braguiñas, tampons,....) e tamén os preservativos. Todos eles - o igoal que os bastoncillos e as toalliñas de usar e tirar -, deben ser depositados en bolsas e posteriormente levalos os contedores do lixo. En ningún caso, mesmo para evitar obstrucions nas baixantes de augas fecais das vivendas particulares e comunitarias, deben botarse o inodoro.
Se todos colabouramos, probablemente contribuiremos a evitar "espectáculos" tan desagradables como as veces, sobor de todo cando chove abondosamente, o non estar separadas na súa totalidade, ás augas pluviais das fecais, podemos ollar en varios lugares do termo municipal nos que as tapas das bocas de saneamento, coa presión do caudal que a rede tén que soportar, elevánse varios centímetros de altura, e dese xeito "alivian" o exterior un "cóctel" de refugallos fecais, "adornados" con todo tipo de productos fabricados con celulosa, usados por veciños irresponsables e irrespectuosos co medio ambiente, que logo quedan esparexidos arredor das tapas da rede de saneamento. Dese xeito, transitar por eses lugares é toda unha "aventura", propia de países subdesenvolvidos. Coidamos que a ninguén lle gustaría ter eses "atractivos" preto da súa casa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario