16 de feb. de 2018

A GUARDA

A Guarda homenaxeará a Rosalía de Castro con versos, pintura e un espectáculo sobre a súa vida  

A «Semana por Rosalía» celebrarase do 19 ao 24 de febreiro cunha serie de actividades dedicadas á figura e obra da autora galega. O espectáculo de monicreques «A viaxe de Rosalía» porá fin á conmemoración do aniversario da poetisa, nada en 1837. 



Infogauda / A Guarda 

 O executivo municipal do Concello de A Guarda ven de facernos partícipes que A Guarda conmemorará o 181º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro con seis días de actividades dirixidas ao alumnado escolar, o comercio e o público en xeral, coa xa tradicional «Semana por Rosalía» orientada á divulgación da figura e obra da autora, referente literario da nosa cultura.  

As actividades comezarán o 19 de febreiro con «Cada día un poema», unha iniciativa do departamento de Cultura coa que se anima a compartir nas Redes Sociais (Facebook, Twitter e Instagram) un poema diario da obra rosaliana facendo uso da etiqueta #Rosalíate. Ao tempo, a Concellería divulgará a través das súas contas oficiais nas redes sociais unha selección de versos da autora senlleira da lingua galega.   

 Os centros de educación infantil e primaria guardeses participarán na «Semana por Rosalía» coa elaboración duns debuxos dentro da iniciativa «Que che inspira?». Así, máis de 400 cativos e cativas de infantil e  primeiros cursos de primaria basearanse nuns versos extraídos da poesía rosaliana para elaborar debuxos orixinais que poderán decorar ao gusto. As súas creacións serán expostas, a partir do 20 de febreiro, en espazos públicos da vila (Casa do Concello, Centro Cultural e Praza de Abastos) e naqueles comercios que se sumen á iniciativa.   

 O alumnado de 3º a 6º de primaria, pola súa parte, participará na elaboración dun «Mural por Rosalía» os días 22 e 23 de febreiro. A pintura realizarase a continuación da elaborada o pasado ano na rúa Vigo -á altura do colexio da Sangriña- en dúas fases, de xeito que unha voluntaria fará o deseño primario duns versos e, a continuación, as rapazas e rapaces serán os encargados de pintalo e decoralo.   

 O sábado 24 de febreiro, Día de Rosalía, celebraranse dúas actividades culturais dirixidas ao público familiar. Pola mañá, a Biblioteca Pública Municipal acollerá unha nova sesión de «Contos contados» centrado na vida e obra da poetisa. A actividade contará coa participación dun coñecido veciño da Guarda, Manuel Cadilla («Maruxo»), que lerá versos rosalianos e contará a vida da autora aos pequenos e pequenas participantes e as súas familias. A continuación, poderán participar no obradoiro de elaboración de marcapáxinas.  

A imaxe corresponde o espectáculo de monicreques A viaxe de Rosalía», da man da actriz e titiriteira Larraitz Urruzola
Foto: C. A.G.


 A actividade de peche desta «Semana por Rosalía» guardesa será o espectáculo de monicreques «A viaxe de Rosalía», da man da actriz e titiriteira Larraitz Urruzola. A obra narra as pasaxes máis importantes da  vida da autora compostelá dun xeito ameno e accesible para os cativos e cativas a partir de 6 anos, a través da voz da súa madriña, Francisca do Campo.  Ela amosará ao público, a través das ferramentas da narración oral tradicionais, a historia da nena que chegou a ser un símbolo na cultura galega.   

 O espectáculo comezará ás 19:30 horas no Centro Cultural. Alí, as entradas estarán dispoñibles a partir de mañá, 17 de febreiro, en horario de mañá (de 10 a 13) e, de luns a venres, en horario de mañá e tarde (de 10 a 13  e de 17 a 20). 

TURISMO

La 60ª Acampada Nacional FECC tendrá lugar en el Camping Santa Tecla, de Salcidos (A Guarda)

24 de marzo a 1 de abril de 2018



C.C.C. Galicia Vigo / A Guarda

 El C.C.C. Galicia Vigo, con la colaboración del Concello de A Guarda y del Camping Santa Tecla, con nueva gerencia, organiza la 60ª Acampada Nacional de la FECC, que se celebrará del 24 de marzo al 1 de abril en el camping Santa. Tecla en la localidad de A Guarda (Pontevedra), hermoso pueblo marinero situado entre la desembocadura del río Miño y el Océano Atlántico (red natura), donde además de relajarnos con su maravilloso entorno podemos disfrutar de su gastronomía, basada principalmente en pescados, mariscos y su famoso roscón de yema.  

 El centro de A Guarda se encuentra a 1,5 Km a pie desde el camping, a 50 km. de Vigo, 30 km. de Baiona, 28 km. de Tui y a 8 km. de Vilanova de Cerveira en Portugal, a 1 km. del camping hay un transbordador que cada 30 minutos une Caminha (Portugal) con A Guarda. 

 Los precios de la Acampada son:  
 Adultos 75 €  
Jóvenes (de 10 a 14 años ambos inclusive): 35   
Niños (menos de 10 años): Gratis 

 El camping cuenta con:  

· 7 mobil home, dos para 4/6 personas al precio de 60€ día (para 4 personas), si fueran 2 personas más el precio se incrementaría en 3€ día/ persona. 
· 5 para 6/8 personas, al precio de 80€/día (para 6 personas) en caso de 2 personas más el precio se incrementaría en 3€ día/persona. 
· 1 caravana para 4 personas a 30€/día. 
· 1 carreta fabricada por el propio camping (a estrenar) para dos adultos y un niño al precio de 40€/día. 
· 3 habitaciones de 3 camas y 1 de 2 camas a 30€/día. 

 Si se alquilan para más de dos noches, todos ellos tendrán un 10% de descuento.

 Para mayor información: Teléfono del camping (+34) 986 613 011. 

 El camping se encarga de las reservas de estos elementos. La reserva no implica la inscripción en la Acampada.  

 Si alguien quiere disfrutar del camping en días anteriores o posteriores a la Acampada el precio será de 12 € por instalación y día.  

 Os animamos a traer vuestros trajes regionales para el desfile, ya que debemos mantener esa tradición tan vistosa, colorista y tan nuestra. El desfile se realizará en el pueblo de A Guarda.  

 Podéis animar a vuestros jóvenes a asistir a la Acampada Juvenil, podrán traer su música para compartirla entre todos los jóvenes asistentes. En la inscripción deberéis indicarnos cuantos jóvenes van a participar en la zona de la Acampada juvenil.  

 La potencia eléctrica será de 4 Amperios por instalación, los fusibles que se fundan deberán ser abonados al reponerse.Enchufes Succo y europeo. 

  Se recomienda traer manguera eléctrica de 50 metros.  

 El Comité Organizador podrá suspender los juegos que no lleguen a un número mínimo de participantes.  

 El silencio es obligatorio durante la noche (entre las 24h y las 8h del día siguiente) excepto en los lugares destinados para el ocio (carpa)que se regirán por las Ordenanzas Municipales.  

 Para acceder al recinto de la Acampada será necesario presentar el Carnet Internacional (CCI) 2018 debidamente formalizado.  

 Los animales de compañía deberán estar en todo momento bajo supervisión de sus dueños y con las consiguientes medidas de protección y control. Sus deposiciones deberán ser recogidas inmediatamente y depositadas en los contenedores de basura. Es obligatorio que los perros vayan debidamente controlados, atados y con bozal aquellos que lo precisen.  

 No habrá intercambio de regalos entre Clubes.

SALCEDA DE CASELAS

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA REALIZARÁ UNHA OBRA DE 680.000 EUROS 

PARA MELLORAR A RÚA DA GÁNDARA EN SALCEDA DE CASELAS   

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez reuniuse hoxe co alcalde Marcos Besada para ultimar os detalles do proxecto 

Segundo explicou Benítez, o obxectivo da obra é habilitar espazos seguros para os peóns, seguindo os criterios da Estratexia de Mobilidade 3.0 da nova Deputación de Pontevedra
Foto: D. P.

Infogauda / Salceda de Caselas

 A Deputación de Pontevedra vai mellorar e urbanizar parte do treito urbano da estrada provincial EP-2505, máis coñecida como rúa da Gándara, no concello de Salceda de Caselas. Segundo explica o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, a actuación consiste na remodelación dun ámbito de 350 metros onde se reúnen moitos equipamentos públicos do concello, creando novas beirarrúas e espazos de aparcamento, así como unha nova glorieta de distribución do tráfico, cun orzamento de preto de 680.000 euros. 

 Segundo explicou Benítez, o obxectivo da obra é habilitar espazos seguros para os peóns, seguindo os criterios da Estratexia de Mobilidade 3.0 da nova Deputación de Pontevedra, que propón o deseño dos espazos urbanos tendo as persoas como referente principal en lugar dos coches, e o aumento da seguranza viaria.  

 Actualmente, a rúa da Gándara carece de ordenación e apenas ten beirarrúas máis que nun pequeño treito, obrigando aos peóns a circular polo borde da estrada. Algo similar ocorre co aparcamento, posto que os vehículos aparcan de xeito aleatorio, o que incluso resulta perigoso para a circulación rodada. Así mesmo, os pavimentos están deteriorados, o que xustificou a necesidade da intervención por parte do departamento de Mobilidade dirixido por Benítez. 

 O deputado nacionalista explicou que o novo deseño para a rúa da Gándara inclúe unha zona de coexistencia a nivel entre calzada e beirarrúas a nivel, á altura da piscina municipal e o parque da Gándara, onde se pretende dar prioridade ao tráfico peonil. Despois, ata o paso inferior baixo a PO-510, a sección incluirá unha calzada de 6,5 metros, aparcamentos e beirarrúas en ambas marxes. Finalmente, dende o paso inferior haberá percorridos peonís de mínimo de 1,8 metros nos lugares máis estreitos (a ponte sobre o río Landres) e ata 2,5 metros alí onde a sección o permite. Ademais, o proxecto inclúe a reordenación da intersección entre a rúa Gándara e a avenida de Galicia coa construción dunha glorieta e mellorando o espazo público ao seu arredor, onde se utilizará unha pavimentación en lousa granito gris -similar á utilizada na recente remodelación coa rúa de Vigo, a escasos cen metros-. 

 Para aumentar a seguranza viaria, os pasos de peóns serán sobreelevados e funcionarán como redutores físicos de velocidade, tendo unha sección transversal trapezoidal e unha altura sobre rasante de dez centímetros. Por outra parte, tamén se aproveitará para soterrar as liñas de enerxía eléctrica e telefonía e datos, instalarase nova iluminación, e ademais deixaranse colocados os colectores de pluviais na previsión de que se desenvolva o proxecto de urbanización do PERI da UE-02. Tamén se renovará a capa de rodadura, que se completará con nova sinalización horizontal e vertical, e plantaranse liquidámbares nos alcorques da rúa Gándara e vexetación arbustiva nos parterres da glorieta. 

 Segundo indicou Uxío Benítez, esta actuación contempla todos os criterios provinciais de “potenciar os espazos públicos para o disfrute da cidadanía coa máxima calidade urbana”. A realización da obra por parte da Deputaciónsuporá a posterior transferencia ao concello, xa que se trata duntreito da estrada provincial dentro do propio núcleo de Salceda de Caselas, coñecido tradicionalmente como A Esfarrapada. “É un espazo no que hai moitos equipamentos e, polo tanto, moi usado pola veciñanza. O seu estado non era o máis axeitado en canto a seguranza viaria, polo que era precisa unha remodelación, ademais de mellorar as conexión cara ao concello de Tui coa nova glorieta”, explicou o nacionalista. 

 Benítez tamén anunciou ao alcalde que no día de hoxe se aprobou en Xunta de Goberno o convenio para o financiamento da obra, que ascende a 679.516,07 e que se distribuirán entre o 70% con cargo á Deputación e o 30% ao Concello. O acordó entre ambas administración asinarase nas vindeiras semanas. 

 Pola súa parte, o alcalde de Salceda, Marcos Besada, destacou que coa mellora da rúa da Gándara “cúmprese un soño”, posto que fora unha actuación históricamente demanda polo goberno local e a veciñanza e nunca atendida polo anterior presidente provincial, Rafael Louzán. Besada subliñou que o espazo a mellorar é fundamental para Salceda de Caselas pola conexión dos espazos públicos existentes, a piscina, o parque, o campo de fútbol e a senda sobre o río Landres, e porque ademais conecta o acceso Sur da vila coa PO-510 e a estrada provincial que vai a Caldelas de Tui. “Ademais de todo iso, podemos dicir que é o treito do viario provincial en Salceda de Caselas máis perigoso e de concentración de accidentes dos últimos anos, polo que agradezo á Deputación e ao deputado Uxío Benítez que atendera as nosas reclamacións”. “Era a obra máis necesaria para a mobilidade e a seguranza viaria en Salceda de Caselas”, finalizou.

A GUARDA

CICLISMO

O CLUB CICLISTA GUARDÉS ORGANIZA UNHA SAÍDA POLO VAL MIÑOR

Domingo día 18 de febreiro, ás 9:00 h., desde á Alameda 



A GUARDA


MOVEMENTOS SOCIAIS

Nova mobilización contra a zonificación escolar de Vigo 

Os colectivos opositores desenvolveron unha concentración diante da Xunta

Representantes dos máis de 25 colectivos que se opoñen ao proxecto participaron na concentración convocada pola Federación Olívica da Asociación de Nais e Pais (Foanpas) diante do edificio da Xunta
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 A cidade de Vigo acolleu hoxe unha nova mobilización para rexeitar a proposta de zonificación escolar remitida pola Inspección Educativa e reclamar que se paralice a súa tramitación e que se abra un proceso participativo. Representantes dos máis de 25 colectivos que se opoñen ao proxecto -entre eles a CIG- participaron na concentración convocada pola Federación Olívica da Asociación de Nais e Pais (Foanpas) diante do edificio da Xunta, onde deron lectura a un comunicado que foi entregado finalmente por rexistro.

 A protesta tiña por obxectivo expresar novamente o rexeitamento á proposta de zonificación remitida pola Inspección Educativa e solicitar unha vez máis a paralización da súa tramitación e a apertura dun proceso de participación e consenso da comunidade educativa na elaboración do novo mapa escolar.  

 Os colectivos lembran que o pasado 12 de xaneiro xa se mobilizaran diante do edificio autonómico e entregaran un escrito demandando que a proposta volvese ao seu punto de partida e se paralizase a súa tramitación.

 Tamén solicitaran, dada a importancia que esta cuestión implica para a comunidade educativa da cidade, que o proceso de elaboración dunha nova proposta fose participativo, reflexivo, transparente e consensuado. “Na data de hoxe, 16 de febreiro, seguimos a esperar; a Administración proclama que o proceso, participativo, segue aberto; pero non existe tal proceso participativo”, denuncian.  

O Consello Escolar segue sen recibir unha proposta  

 Ao mesmo tempo, critican que o Consello Escolar Municipal, órgano de consulta e participación da cidade de Vigo no que está representada toda a comunidade educativa, segue sen recibir, por parte da Administración, unha proposta a debate.  

 Entenden que esa sería a canle de participación máis axeitada, posto que recolle as achegas dos diferentes sectores da comunidade. “O proceso non poderá ser participativo, reflexivo, transparente e consensuado se a Administración non se abre á participación, á reflexión, á transparencia e á procura do consenso global da comunidade educativa”, rematan.

DEPORTES

EL CLUBE DE JUDO BAIXO MIÑO NO PARA   


Entrenadora y judokas junior del Clube de Judo Baixo Miño, de A Guarda, que viajaron con la Selección Gallega a Valladolid
Fotos: C. J. B.M.

 Mónica Pacheco Lomba / A Guarda

 El pasado fin de semana los judokas junior seleccionados por la Selección gallega viajaron a Valladolid para participar en el sector nacional junior en el cual los tres mejores clasificados pasan a la fase final del campeonato de España junior que se celebra en Madrid el día 3 de Marzo. El club ha conseguido clasificar a Jessy Vicente, Elena Cañibano, Yahir Pena, Brais Pereira y Carlos Reboredo. 

 Adrián Romero tras hacer un campeonato de muy buen nivel y ganar tres combates se queda a las puertas consiguiendo el 5º puesto, al igual que su compañera Yohanna Da Cuña, aún en categoría cadete. 

Tres judokas cadetes del Clube de Judo Baixo Miño, de A Guarda que participarán en Fuengirola en la Copa de Europa Cadete 

 Por otro lado tres de nuestras judokas cadetes están viajando a Fuengirola para participar en la Copa de Europa Cadete que allí se celebra con 500 judokas inscritos de todo el mundo. Mucha suerte a: 

Alba González Machado que compite en - 44kg.

Yohanna Da Cuña González, que compite en - 48kg.

Verónica Pérez Pacheco, que compite en - 52kg.

 Al finalizar la competición se quedarán en el campo de entrenamiento que organiza la Federación Española donde entrenarán junto a los mejores judokas de Europa en su categoría. 

 Y el próximo fin de semana seguimos con más compromisos:  

 Tecla Cadilla participará en el Grand Slam de Düsseldorf; Noa González y Pablo Cadilla, en la Supercopa de España Infantil y 30 de nuestros judokas infantiles y alevines participarán en el Xogajudo 2018 que se celebra en Gondomar.  

 Mucha suerte a todos.