27 de dec. de 2018

OIA

O Concello de Oia organiza un obradoiro de envellecemento activo e saudable  

· As actividades desenvolverase en Torroña e Loureza os mércores entre xaneiro e xuño   

Infogauda / Oia 

 O Concello de Oia organiza un obradoiro de envellecemento activo e saudable dirixido a persoas maiores de 60 anos. A actividade comezará o 16 de xaneiro e desenvolverase todos os mércores ata o mes de xuño.  

 O obradoiro incluirá traballos manuais, xogos, actividades de risoterapia e creación de contos, entre outras; co obxectivo de que as persoas participantes se relacionen, traballen aspectos cognitivos e, sobre todo, que se divirtan e pasen un bo rato.  

 As sesións impartirase nas Escolas de Torroña (de 16:00 a 17:15 horas) e na Abadía de Loureza (de 17:45 a 19:00 horas) e terán carácter gratuíto. As persoas interesadas poden inscribirse no Concello de Oia ata o próximo 10 de xaneiro.  

 A iniciativa conta coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais de Oia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario