17 de dec. de 2018

OIA

O PSdeG-PSOE elixe o seu candidato á Alcaldía de Oia

A Agrupación Socialista de Oia, por unanimidade, confía en Gerardo Rodríguez Refojos

Gerardo Rodríguez Refojos, candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Oia

Infogauda / Oia 

 A Agrupación Socialista de Oia na súa última asemblea elixiu por unanimidade a Gerardo Rodríguez Refojos como candidato á alcaldía de Oia. 

 Coas premisas de lograr un cambio, tanto nas formas de goberno como sobor de todo no fondo e reivindicando os 5 meses de goberno da anterior alcaldesa Rosa Mª Otero Carballa como modelo a seguir, Gerardo incidiu principalmente en afrontar os graves problemas que aburan ao Concello que non tiveron solución nestes últimos 4 anos.

 Do mesmo xeito anunciou un programa baseado en dous piares fundamentais:

 1º Capacidade de xestión. 
 2º Un goberno para todos. 

 Igualmente resaltou dentro dos problemas, a incapacidade de fixar poboación e frear o continuo despoboamento do Concello a pesar das enormes posibilidades que este ofrece. Por último recalcou a penosa herdanza que recibirá a próxima corporación froito de anos de gobernos populares. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario