MUSEO MADEIROTECA, MÁXICO É POÉTICA
O ESPAZO DE URBANO ARZA SÁNCHEZ, UN FOLGOSINO CON MOITA CREATIVIDADE, ABERTO OS VISITANTES DO COUREL
Infogauda / Folgoso do Courel
Se hai persoas que sen ser courelás, é decir ser haberen nado na Serra do Courel coñecen eses lugares como súa terra de querencia, temos que decir que o fotógrafo e home de mar, Santiago Baz Lomba e súa dona Rosa González Rivero, son un bo exemplo do que decimos.
Dese xeito, non é de estranar que teñan amizade con moitas persoas deses lugares onde mália as dificultades que conleva vivir na montaña, ainda é posible atopar á esencia e á xenerosidade da Humanidade.
Fai poucos días que Santiago e Rosi viñeron de visitar - unha vez máis - o concello de Folgoso do Courel, na provincia de Lugo. Alí estiveron con Urbano Arza Sánchez, que un bo día comezou á aventura de botar a andar súa Casa Museo que leva por nome Madeiroteca. Máxica e poética.
O ESPAZO DE URBANO ARZA SÁNCHEZ, UN FOLGOSINO CON MOITA CREATIVIDADE, ABERTO OS VISITANTES DO COUREL
Urbano Arza Sánchez xunto á portada de acceso a súa Casa Museo
Se hai persoas que sen ser courelás, é decir ser haberen nado na Serra do Courel coñecen eses lugares como súa terra de querencia, temos que decir que o fotógrafo e home de mar, Santiago Baz Lomba e súa dona Rosa González Rivero, son un bo exemplo do que decimos.
Dese xeito, non é de estranar que teñan amizade con moitas persoas deses lugares onde mália as dificultades que conleva vivir na montaña, ainda é posible atopar á esencia e á xenerosidade da Humanidade.
Vista parcial do interior da Casa Museo Madeiroteca. Máxica e poética, onde se amosan ás obras en madeira da autoría de Urbano Arza Sánchez
Fai poucos días que Santiago e Rosi viñeron de visitar - unha vez máis - o concello de Folgoso do Courel, na provincia de Lugo. Alí estiveron con Urbano Arza Sánchez, que un bo día comezou á aventura de botar a andar súa Casa Museo que leva por nome Madeiroteca. Máxica e poética.
Urbano Arza Sánchez, é por decilo así, o protagonista das - segundo súa propia definición - “aventuras dun pastor sen números e sen letras”, que desenvolveu súa ocupación de pastor de 1938 a 1945.
“A Serra - lembra Urbano - era o encontro dos pastores de Santa Eufemia, Pacios, Villarbacú, A Seara, Visuña, Ferreirós, Moreda e Parada.
Serra adiante camiño de Lucenza, bonito lugar mirando ese ceo azul con ese vento virxe na soidade”.
Tivo Urbano outra etapa na súa andaina vital, que el mesmo definiu como “O Tempo de canteiro, de 1946 a 1948.
Camiño a Leixazós.
Coa ferramenta ó carrelo, meu pai e máis eu, que daquela tiña dezaseis anos, fomos a facer un cementerio de novo. Cercámolo todo con muros de pedra, e arranxamos tamén a capela. A partir de 1948 , montei o meu taller manual artesán. Chameille "El Mueble Contemporáneo". Aínda existe o letreiro no cargadeiro da porta da entrada. Alí traballei ata que fun ó servizo, na quinta do 51. Estiven en Parga, onde se atopaban tamén Novoneira e Manuel María, os dous poetas”.
Urbano lembra tamén: “Eu non fixen a instrucción, mandáronme xunto cun delineante veterano a un taller de carpintería en Parga Estación, para facerlle os reximentos, letreiros e escudos. Alí nos tiveron co hotel pago, mentras os outros quintos facían a instrucción.
Ó rematarse o campamento fomos pra Santiago, á Infantería, onde pasei ó taller de carpintería, facéndolles mobles ós xefes.
Licencieime no 1953, e seguín co taller artesán na Queitanexa, onde estiven ata 1957, cando chegou a luz eléctrica. Tamén montei a ferretería, a primeira do pobo.
Daquela puxen o taller con máquinas. Puxérono tamén, e con máquinas mellores cás miñas, Eloi e Juanito de Vilamor, pero como socios só duraron dous anos, quedándose Eloi con todo. Ó cabo dun mes púxoo á venda: a maquinaria, a casa cas madeiras e ferramentas. En Setembro de 1959 compro o taller: unha gran aventura de moito diñeiro, daquela duascentas mil pesetas. Vendinlle as miñas máquinas a un rapaz do Incio por cincuenta mil pesetas máis os intereses do 6% para pagar en 6 anos. Ós tres meses entreguei setenta e cinco mil pesetas, e ó cumprirse o ano paguei a metade. Suspendín os pagos por un tempo, e pasei a reformar a casa según está na actualidade. Trouxen a auga dende un quilómetro de distancia, para dispor de auga corrente na casa. Foi a primeira traída, o pobo tardaría oito anos en ter auga corrente nas casas; tívenlla alugada a dez veciños por cincuenta pesetas ao mes.
Xa lles vendía o váter, e a pileta, o fregadeiro e máis os grifos cun tanque de 100 litros cun flotador no teito das súas casas”.
O Paso no Tempo e Entre paso e tempo nas terras do Courel. Onde asubía o vento, da autoría de Urbano Arza Sánchez
Ademais do Museo Madeitoteca, máxica e poética, creado por el mesmo, Urbano Arza Sánchez ten editado e publicados dous libros: O Paso no Tempo e Entre paso e tempo nas terras do Courel. Onde asubía o vento.
Desde este xornal dixital transfronteirizo salientamos que Urbano Arza ten súa Casa Museo aberta a quen se achegue ata alí, onde ademáis de poder conversar con el, o visitante pode disfrutar coas obras da autoría de un ser humano moi especial, e que ao igoal que seus conveciños de Folgoso do Courel, ainda manten viva é lembranza dos tempos de outrora e esa hospitalidade tan característica dos habitantes da Serra do Courel.
GALERÍA DE IMAXES DA AUTORÍA DO FOTÓGRAFO GUARDÉS SANTIAGO BAZ LOMBA

Ningún comentario:
Publicar un comentario