JUDO
DOUS QUINTOS POSTOS NA SUPERCOPA DE ESPAÑA CADETE PARA O CLUBE DE JUDO BAIXO MIÑO
Na imaxe os oito judokas do clube de Judo Baixo Miño, de A Guarda, que participaron na Supercopa de España cadete de Judo
Fotos: C.J.B.M.
Infogauda / Deportes
Esta pasada fin de semana celebrouse en Pamplona a Supercopa de España cadete de Judo, unha das probas puntuables para o ránking nacional cadete ao cal se desprazaron oito judokas do clube de Judo Baixo Miño, de A Guarda.
Iago Álvarez e Verónica Pérez
Os resultados máis destacables son os quintos postos de Verónica Pérez en -52 kg e Iago Álvarez en -73kg que disputou un moi bo campionato gañando cinco dos seus sete combates.
Tamén hai que mencionar os dous combates gañados por Miguel Portela en -60kg que mostran que pode estar nos primeiros postos en próximos campionatos, e o combate gañado por Alba González en -48kg que empeza a adaptarse á súa nova categoría de peso.
Agora mesmo o clube ten a Verónica Pérez en -52 kg e Noa González en -63kg quintas do ránking nacional e Iago Álvarez sétimo na categoría de -73kg, debido a que poderán mellorar en próximas probas puntuables.
Ningún comentario:
Publicar un comentario