18 de dec. de 2018

A GUARDA

A AGRUPACIÓN CORAL POLIFÓNICA DE A GUARDA ORGANIZA O TRADICIONAL CONCERTO DE PANXOLIÑAS

· Terá lugar o domingo día 23 de decembro, ás 17:00 horas, na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Continuando coa tradición, a Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, organiza un ano máis, o Concerto de Panxoliñas.

 Dese xeito, o domingo día 23 de decembro, ás 17:00 horas, na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda, actuarán ás seguintes corais:

· Agrupación Coral Polifónica de A Guarda.
· Coro Infantil do Colexio PP. Somascos.
· Coro Arpegios e Cantábile
· Coral do Club da Terceira Idade.

 Ademáis da participación das referidas corais, a entidade anfitrioa conta coa colaboración da Igrexa de Santa María de A Guarda, Concello de A Guarda e Deputación de Pontevedra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario