Ignacia Cadilla Alonso, a «avóa da Guarda», cumpriu 109 anos
· É a terceira muller de máis idade de Galicia
Ignacia Cadilla Alonso - no centro da imaxe - recibiu a visita do alcalde e da concelleira de Servizos Sociais acompañada dos seus familiares
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba Baz e a concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente Baz, visitaron este mércores a Ignacia Cadilla Alonso, a «avóa da Guarda», que ven de celebrar o seu 109 cumpre anos.
Ignacia Cadilla Alonso conversando con Antonio Lomba Baz
Ignacia Cadilla recibiu aos representantes municipais, acompañada dos seus familiares e agradeceu a súa visita, recordando o paso das procesións pola súa rúa, que acostuma a ver dende as xanelas da súa casa na Rúa Hernán Cortés.
Segundo comentou a súa familia, Ignacia ten moi boa saúde, aínda que o pasado mes tivo un pequeno susto. Malia uns problemas de mobilidade, Ignacia e os seus familiares agardan celebrar os seus 110 anos o ano que ven. Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, Ignacia é a terceira persoa de máis idade de Galicia.
A representación municipal entregoulle unha placa conmemorativa, así como un ramo de flores e unha tarta, e desexaron poder volver visitala para darlle os parabéns nos próximos anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario