7 de nov. de 2018

TOMIÑO

A ASOCIACIÓN VONTADE RECIBE UNHA AXUDA DE 9000 EUROS DA OBRA SOCIAL LA CAIXA PARA FINANCIAR O TRANSPORTE ADAPTADO 

UNHA VINTENA DE USUARIOS BENEFÍCIANSE DIARIAMENTE DE TRES LIÑAS, CUN PERCORRIDO TOTAL DUNS 400 QUILÓMETROS 

Acto de entrega do talón, celebrada este mediodía na sede de Vontade
Foto: C. T.

Infogauda / Tomiño

 A Asociación de persoas con discapacidade do Baixo Miño  “Vontade”, recibiu unha axuda por valor de 9.000 euros de parte da Obra Social La Caixa, para axudar a financiar os gastos ocasionados polo transporte adaptado que utilizan 19 usuarios e usuarias da entidade.  

 Ao acto de entrega do talón, celebrada este mediodía na sede de Vontade, asistiron o director de Área de Negocios de Pontevedra Sur, Igor de las Heras; o director da Oficina de La Caixa en Tui, Alberto Sorribas, e o presidente da Asociación Vontade, Miguel Pazo, acompañado por usuarios do centro.  

 A cantidade aportada pola Obra Social La Caixa destinarase a sufragar parte dos gastos ocasionados polo transporte adaptado, dos que se benefician a diario 19 persoas con discapacidade da comarca do Baixo Miño e arredores.  

 Os devanditos gastos ascenden a máis de 36.700 euros ao ano, e supoñen o funcionamento de tres liñas adaptadas que percorren en total 398 Km. diarios.  

 Os usuarios de Vontade manifestaron o seu agradecemento á entidade bancaria, que é unha das poucas que manteñen unha obra social interesada en investir en proxectos de alcance socio comunitario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario