7 de nov. de 2018

GOIÁN

CINEMA

Get Out, un thriller psicolóxico, no cineclub Poleiro

Xoves 8 de novembro ás 21:30 horas no auditorio de Goián   
       
Rita Alonso / Goián

 Mañá, xoves 8 de novembro, ás 21:30 horas, no Auditorio de Goián, o cineclub Poleiro proxecta Get Out (Déixame sair), unha película estadounidense, dirixida por Jordan Peele.  Un retrato do  racismo en EE.UU, disfrazado de cine de terror.   

 Sinopse: 

 Un mozo afroamericano visita á familia da súa noiva branca, filla de un matrimonio adiñeirado. A película narra dous días de desacougo  cando a parella vai pasar unha fin de semana ao campo cos pais dela. Un thriller psicolóxico mesturado con medo e terror. Unha serie de descobrimentos, cada vez máis inquedantes levan ao protagonista a descubrir  una verdade inimaxinable.    

 O xoves, 3 de decembro  chega The Square, película sueca dirixida por Rubén Östlund. Trata sobre a publicidade que rodea unha instalación de arte, e as reaccións que provoca. Gañou a Palma de Ouro en Cannes, 2017.

 O xoves 10 de xaneiro, En cuerpo y alma, comedia húngara, o séptimo traballo da directora Ildykó Enyedi. Unha inusual historia de amor nun lugar inusual, un matadoiro no que traballan  os dous  protagonistas.      

 O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario