22 de nov. de 2018

O ROSAL

CAMPAÑA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2018 

EU TOMO PARTIDO ¿E TI?  


Infogauda / O Rosal

 Este ano parte do equipo de Acanor Atlético Novás colabora neste proxecto que pretende visibilizar e posicionarse en contra da  violencia de xénero. 

 10 persoas entre xogadores e directivos do Acanor Atlético Novás de balonmán decláranse abertamente contrarios á violencia exercida contra as mulleres e rexeitan calquera tipo e agresións. 

 Neste 2018 Miguel Trigo, Manu Martínez, David Lechuga, Yago Alonso, Paulo da Costa, David G.Pichel, Pablo Alonso, César Armán, Germán “Jimmy” e Manolo “Campelo” colaboran no proxecto que se iniciou hai 3 anos e no que colaboraron xa en anteriores edicións deportistas locais no ano 2015, profesorado dos centros educativos do Rosal no ano 2016 e profesoras da escola infantil Galiña Azul do Rosal no pasado ano 2017. 

 O Concello do Rosal quere agradecer a parte da plantilla a súa colaboración nesta causa xa que son caras moi visibles entre a xente nova e modelos de comportamento tanto dentro como fora da pista deportiva. 

 Os carteis están sendo repartidos entre o comercio local e expostos nas redes sociais e páxina web do concello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario