22 de nov. de 2018

A GUARDA

“Petiscos con Arte”

Máis de 1.200 petiscos servidos confirman o éxito desta Ruta na Guarda   

O alcalde e a concelleira de Cultura tamén participaron na Ruta “Petiscos con Arte”
Foto: C. A. G.

 Infogauda / A Guarda

 A Ruta “Petiscos con Arte” finaliza xa esta fin de semana despois de servirse máis de 1.200 petiscos na pasada fin de semana entre os 12 establecementos participantes.   

 O evento organizado a través da Concellería de Turismo, mistura a gastronomía e a arte para ofertar aos participantes unha experiencia para os sentidos cun total de 12 petiscos diferentes e 12 exposicións de temática variada: fotografía, pintura, escultura e ilustracións.  

 Os hostaleiros participantes serviron un aproximado de 100 petiscos cada un na primeira fin de semana e o balance xeral desta campaña é moi positivo, cunha boa afluencia de comensais, que aproveitaron para gozar da oferta gastronómica, á vez que admiraron as exposicións que se poden ver en cada local.   

 A Ruta “Petiscos con Arte” está aberta o venres e sábado en horario de mañá de 12:00 a 14:00 horas, e de tarde, de 19:00 a 21:30 horas.   


 Os 12 establecementos participantes nesta edición ofertan un petisco ao simbólico prezo de 1,50€, elaboracións gastronómicas para todos os gustos con potaxes, “montaditos”, tostas, sushi, entre outros. 

 Segundo manifestou Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Turismo, a finalidade da ruta é promocionar a gastronomía e a arte na Guarda, dinamizando o tecido de hostalaría do municipio nesta tempada post-estival cun valor engadido como é o arte, con exposicións para todos os gustos.

 Cada participante que deguste un petisco recibirá unha papeleta que cumprimentará cos seus datos persoais e depositará na urna para entrar no sorteo de 5 lotes de viño da adega Señorío da Torre, colaboradora deste evento.

 Haberá un pequeno acto de entrega aos premiados no sorteo (un premio por persoa).

Art Café: Fabada guardesa
Ilustración: “Ilustracións, serigrafía e pintura”
Davida (Vigo)

Boc and Pix: Capricho limeño
Ilustración: “Somnium Pictura”
Sarai Rodríguez Fernández (Tomiño)

La Botica: Bandeiriñas españolas
Pintura: “Bodegóns postmodernos
Gemma Marqués (A Guarda)

Brétema: Salinas
Pintura: “Meu Pobo”
Cachi (A Guarda)

O Cangrexal: Cielito lindo
Pintura: “Cores do bosque”
Teresa Dorado (Oia)

Enxebre: Tiriñas de polo
Fotografía: “Colección xentes do mar”
Eliseo Alonso (Tomiño)
A máis bonita: Makis
Ilustración: “Maki-sashie”
Tamara Baz (A Guarda)


Marbella: Potaxe de garavanzos
Pintura: “Rincóns de Galicia e Portugal”
Nely R. Sánchez (A Guarda)

El perro verde: Pincho perruno”
Pintura: “Aves no fin da terra”
José Arcas (Vigo)

Terra Verde: A orella de Van Gogh
Escultura e pintura: “Miscelánea”
Modesto Rodríguez (Nigrán)

Xantar: Delicias de outono
Fotografía: “Cambia de perspectiva”
Pablo Lubiáns (Pontevedra)

Xeito: Papillote de solombo celta
Pintura: “Recunchos da Guarda”
Charo Trigo (A Guarda)

Ningún comentario:

Publicar un comentario