20 de nov. de 2018

O ROSAL

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO CELEBROUSE CON MOITA AFLUENCIA DE DEVOTOS

Foi o domingo día 18 de novembro, unha semana despois do seu día propio

Os romeiros seguen á imaxe de San Martiño tanto a subida á ermida como na baixada
Acudiron persoas de tódalas edades, tanto do Rosal como doutros pobos da contorna, como A Guarda, máis sobor de todo xente moza
Fotos: Santiago Baz Lomba

Infogauda / O Rosal

 Ainda que no seu día propio - o 11 de novembro - non pudo ser, debido á climatoloxía adversa, o domingo pasado día 18 de novembro, o tempo permitiu celebrar á romaría de San Martiño, renovando así unha tradición que ven de tempos moi antigos.

 Como ven sendo costume, os romeiros xuntáronse na igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal, para desde alí dirixirse o santuario, levando en andias a imaxe do santo, portada por diferentes devotos que ían relevándose o longo do traxecto, ata chegar á ermida, onde xa agardaban algunhas persoas que accederon en vehículos a motor, en cabalo e mesmo en bicicletas.

 Unha vez os romeiros chegaron á ermida, o abade D. Julio Ramos Rodríguez oficiou a eucarístía, o termo da cal tiveron lugar ás poxas.

 A xornada, que estivo amenizada polo grupo de gaitas Albariños de O Rosal, contou cunha temperatura propia do "vranciño de San Martiño", o que permitiu ás familias e grupos de amigos disfrutar dun día no monte, da beleza do conxunto etnográfico dos Muiños do Folón e do Picón, e deixar voar á mente divisando ás magníficas vistas o Val do Rosal, o Esteiro do río Miño e o Monte Santa Trega.

 E logo de compartir á ledicia dun día de romaría, os devotos baixaron á imaxe do santo ata á igrexa parroquial, deixándoa no seu correspondente sitial, dando dese xeito por rematada a celebración que contou con moita participación de veciños do Rosal e da Guarda, de tódalas edades, ainda que con notoria presenza de mocidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario