6 de nov. de 2018

O ROSAL

CULTURA

A AGRUPACION MUSICAL DO ROSAL QUERE MEDRAR!

· Solfexo para adultos, clases de baile de salón, de teatro,... e mesmo unha banda de gaitas


 Agrupación Musical do Rosal / O Rosal

 Dende a Agrupación Musical do Rosal queremos informar que a nosa asociación quere seguir medrando con novas actividades dentro do noso colectivo, e para iso buscamos xente interesada en recibir clases de solfexo para adultos, clases de baile de salón, de teatro, e mesmo temos idea de formar unha banda de gaitas.  

 Se estás interesado en algunha destas actividades ou queres propornos algunha outra só tes que porte en contacto con nós no teléfono 609 866 792 ou pasar pola oficina do Auditorio do Rosal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario