O COMITÉ DE EMPRESA DA AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO INFORMA DO SEGUEMENTO DAS CONCENTRACIÓNS
En apoio dos catro traballadores da Autoridade Portuaria de Vigo (APV) aos que o presidente, Enrique López Veiga, lles reclama 25.000 euros
Concentración de persoal da Autoridade Portuaria de Vigo (APV) en apoio dos catro traballadores afectados
Foto: CIG
Infogauda / Vigo
Na segunda das concentracións en apoio dos catro traballadores da Autoridade Portuaria de Vigo (APV) «aos que o presidente, Enrique López Veiga, lles reclama 25.000 euros por supostas incurias e calumnias nun comunicado interno feito polo comité de empresa en agosto de 2017, a asistencia superou con creces a da primeira convocatoria, chegando a contar nesta ocasión coa presenza e solidariedade de 52 compañeiros/as no momento de máis participación».
«Semella que estas mobilizacións non gustan a López Veiga, quen non tardou en mandar un recado ao cadro de persoal no que se lle lembra a necesidade de fichar cada vez que se saia do edificio da APV, polo que as seguintes concentracións terán outro formato, que será comunicado polo comité de empresa despois da reunión programada para este mércores 21, na que se acordará dividir a concentración do luns 26 en dúas quendas de almorzo, polo que o comité levará café e doces para os traballadores/as que acudan. Para o día do consello de administración, onde está prevista mobilización dende a Praza da Estrela ata o edificio de sesións, a asistencia do persoal estará amparada pola convocatoria dunha asemblea de traballadores/as, contrarrestando desta maneira as intencións represoras de López Veiga», informaron desde o Comité de Empresa.
O comité de empresa traballa agora na carta de solicitude de cese dun presidente que non acepta a crítica á súa xestión e leva o tema a nivel persoal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario