CULTURA
A COMUNIDADE DE MONTES DE CAMPOSANCOS CREA O "CLUB DE LECTURA MERGELINA"
· A primeira autora convidada é Marga Rosende
Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos
A Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos - sen menoscabo de ningunha outra, pois todas son moi necesarias e cada unha fai súa labor a prol dos montes o mellor posible, segundo ás disponibilidades humanas e crematísticas -, destaca unha vez máis, non soio polo coidado do monte, senón pola súa continuada actividade cultural. Proba delo é, non soio o que leven desenvolvido ata agora, senón o que ainda está por vir.
Dese xeito o próximo venres día 30 de novembro, ás 18:00 horas, porá en marcha unha nova actividade cultural: a creación do "Club de lectura Mergelina".
Esta nova iniciativa cultural da xunta reitora que preside José Fernando Martínez Martínez, comezará na biblioteca da Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos, coa lectura de "Las huellas de la memoria", de Marga Rosende, que participará persoalmente.
Por outra banda, ese mesmo día ás 20:30 horas, terá lugar unha nova edición de "Música e Palabras", evento no que como tódolos meses, haberá música en directo á carrego de Bieito Solo, destacado músico camposino que acompaña o recitado de poesías e textos breves daquelas persoas que desexen participar espontáneamente nese evento.
"E para comezar o mes de Nadal nada mellor que presentar un libro: "El color del cristal con que me miras", de Marga Rosende. Será o sábado día 1 de decembro ás 20:30 horas", dixo a este xornal dixital transfronteirizo, o presidente dos comuneiros de Camposancos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario