24 de nov. de 2018

A GUARDA

XARDÍN DESORDENADO: MÚSICA E POEMAS
CONTRA A VIOLENCIA

· Actúan este domingo día 25 de novembro, ás 12:00 h. na Casa dos Alonso



Xardín Desordenado

Infogauda / A Guarda

 Este domingo día 25 de novembro, ás 12:00 h. na Casa dos Alonso, actúa Xardín Desordenado.


 Xardín Desordenado é unha banda que leva nove anos musicando a poetas galegas/os, aritmo de swing, blues, bossa nova, bolero…

 Presentaron o proxecto en numerosos pobos e cidades de Galicia. Con frecuencia viaxan a Portugal e no 2014 realizaron unha serie de concertos en Arxentina.

 Este domingo 25 de novembro ofreceránnos un concerto con motivo do Día Contra a Violencia de xénero.

 Cantarán textos de mulleres: María Victoria Moreno, Yolanda Castaño, Rosalía, Mª do Carmen Kruckenberg, Olga Novo, ...

 Para Xardín Desordenado a poesía é o máis eficaz xeito de reivindicación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario