6 de nov. de 2018

A GUARDA

A OMIX da Guarda oferta dúas novas actividades en novembro 


Infogauda / A Guarda

 A OMIX da Guarda oferta dúas novas actividades para este mes de novembro que consistirán nunha xornada de Micoloxía e un obradoiro para personalizar axendas. 

XORNADA DE MICOLOXÍA  

 A xornada de micoloxía terá lugar o vindeiro sábado día 17 de novembro de 10:00 a 13:00 horas  e de 16:00 a 18:00 horas, e consistirá nunha formación a cargo da Asociación medioambiental A Jalleira. Pola mañá será a parte de formación e guía e pola tarde sairase ao monte para a procura de exemplares.   

 A participación será sempre previa inscrición na OMIX da Guarda informacion@aguarda.es   

OBRADOIRO PERSONALIZA A TÚA AXENDA 2019  

 Obradoiro para crear e personalizar a túa propia axenda do ano 2019, unha actividade que combina a creatividade, o lúdico e tamén as técnicas “DIY” (faino tí mesmo/a). Actividade na que pode participar toda persoa que queira ter a súa propia axenda diferente e feita por sí mesmo.  

 O obradoiro terá lugar o venres día 23 de novembro en horario de 19:00 as 21:30 horas na Casa dos Alonso.  

 Inscricións a través da OMIX da Guarda informacion@aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario