TRIBUNA ABERTA
OUTRO XEITO DE FACER POLÍTICA DEPORTIVA
Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda
Escribimos esta nota de prensa, por varios motivos: primeiro, por alusións. Pois tralas declaracións feitas nos medios de comunicación, por parte do Sr. José Manuel Silva Vicente, en calidade de Presidente e Patrocinador do Mecalia-Atlético Guardés, queremos deixar claro, que quen suscribe, forma parte deses TRES (3) Concelleiros que son socios desa entidade deportiva, dende fai moitos anos, e dende as responsabilidades de Concelleiro de Deporte, colaborou cas distintas Directivas, en todo aquelo que lle foi posible, e ahí están os séus componentes, para ratificalo. Como tamén doutras entidades deportivas, cando séus plantexamentos eran serios e tiñan sentido. Me queda, unha pregunta: os demais membr@s da Corporación Municipal, cando asisten o Pavillón Deportivo Municipal de A Sangriña, pagan a entrada a esas instalacións, ou acceden gratuitamente por ser cargos públicos?
Dito o anterior, e para “entrar” en asunto, debemos decir, que, xa é hora, que se tome en serio o asunto das subvencións municipais, e se apliquen con criterios prácticos. Por unha banda, creando un comité deportivo local, no que se traballe na dirección de crear un baremo sobre este asunto, e o reparto de diñeiro público, se faga en función, do ámbito de actuación de cada entidade deportiva, número de equipos e participantes nas categorías de base, que son o futuro de cada clube. O seu impacto comarcal, provincial, autonómico, estatal e internacional, xa que debemos partir da base, deben e teñen que ser nosos embaixadores, representantes, nada máis saír da localidade, e que deben ser vistos, como unha inversión, e non como un gasto. Unha inversión para a saúde, a formación, o compañerismo, pero tamén como embaixadores culturais, deportivos e turísticos deste pobo, que aspira e precisa centrarse nunha actividade cara o futuro, que –salvo demostración en contrario- necesariamente ten que estar vinculada o turismo e a cultura, profesionalizado, preparando o noso espectro comercial, fundamentalmente no referente mundial do Monte Santa Trega, a gastronomía e a cultura, e por que non a choiva, con actividades de calidade desestacionalizada.
En concreto no caso do MECALIA-ATLÉTICO GUARDÉS, consideramos, que os aportes que recibe de carácter municipal, son a todas luces, insuficientes, xa que o que percibe, poden servir, para a tempada regular, como é a Liga Guerreras Iberdrola, da División de Honra de Balonmán Femenino, donde somos unha esperanza e unha aspiración para os demais equipos, xa que somos a representación de un pobo de pouco máis de 10.000 habitantes, un David, contra os equipos de grandes cidades. Son nosos embaixadores por España e por Europa, e iso merece un premio, e o concello ten que estar a altura da situación.
Dende CONVERXENCIA GALEGA, creemos que a participación na Copa da Raíña ou na de Europa, ten que ter outra valoración, superior a que percibe pola Liga, por iso, queremos facer público, que si estes dous últimos anos, estivemos apoiando a aprobación dos presupostos municipais, foi para evitar unha situación caótica no bloqueo institucional, e provocar un problema moi grave na economía municipal. Pero xa non valen “panos quentes” polo que queremos deixar claro que si non se toma de xeito urxente e inmediato unha solución financieira consensuada entre o Concello e a Directiva do MECALIA-ATLÉTICO GUARDÉS, que na nosa opinión, debe cubrir os gastos básicos de desplazamento, manutención e hospedaxe da delegación deportiva, técnica e directiva do Clube, para que as nosas embaixadoras, poidan representar co máximo de garantías o nome de A Guarda.
A partir deste momento, non participaremos en ningún evento deportivo organizado polo Concello, como é o caso da selección de deportistas destacados o longo do ano, na Gala do Deporte, e moito menos nos sentaremos a falar sobre presupostos 2019.
Tamén queremos anunciar, que en breve, imos presentar unha moción para o seu debate e aprobación, no vindeiro pleno, para que cada grupo político se manifeste, sobre a solicitude dún financiamento para o MECALIA-ATLÉTICO GUARDÉS, no que se reflexe, xunto con ún estudo dos gastos das actuacións anteriores, que na súa participación en Liga, Copa da Raíña e de Europa, o aporte municipal debe ser sobre os 100.000 EUROS.
Reiterando de novo, o que reflexamos o inicio: “(...) é hora, que se tome en serio o asunto das subvencións municipais, e se apliquen con criterios prácticos. Por unha banda, creando un comité deportivo local, entidades, deportistas e concello, no que se traballe na dirección de crear un baremo sobre este asunto, e o reparto de diñeiro público, se faga en función, do ámbito de actuación de cada entidade deportiva, número de equipos e participantes nas categorías de base, que son o futuro de cada clube. O seu impacto comarcal, provincial, autonómico, estatal e internacional, xa que debemos partir da base, deben e teñen que ser nosos embaixadores, representantes, nada máis saír da localidade, e que deben ser vistos, como unha inversión, e non como un gasto. Unha inversión para a saúde, a formación, o compañerismo, pero tamén como embaixadores culturais, deportivos e turísticos deste pobo”.
Dende CONVERXENCIA GALEGA, imos loitar por que se manteñan e melloren as condicións, instalacións, axudas e subvencións as entidades deportivas, e convertirnos nún referente na zona, facendo tódolos esforzos para que ningunha desapareza ou se teña que marchar a facer as súas actividades a outras localidades.
A Guarda a 23 de novembro do 2018
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Ningún comentario:
Publicar un comentario