23 de nov. de 2018

A GUARDA

O Concello de A Guarda convida á cidadanía 

A participar nunha concentración contra as violencias este domingo 


Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda, a través da Concellería de Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM), organiza este ano varias actividades para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de Xénero, que se conmemora cada ano o 25 de novembro.  

 As actividades arrancaron esta semana cunha gran implicación por parte do comercio, hostalaría e empresas en xeral do municipio, coa proposta de vestir de loito a vila, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia, unha campaña que se está a visualizar tamén a través das redes sociais do municipio (Facebook, Twitter e Instagram) baixo o cancelo #AGuardaenNegro.

Mosaico de imaxes de establecementos da vila que conmemoran o Día Internacional contra a violencia de Xénero

 As tendas, comercios, empresas, bares, postos do mercados, etc. vestíronse de negro ao longo desta semana, os maniquís, os manteis dos restaurante e mesmo os empregados e empregadas e empresarios e empresarias tamén vestíronse de negro.  


Xardin Desordenado actuará o domingo 25 de novembro, ás12:00 h., na Casa dos Alonso

 Este domingo día 25 de novembro faise un chamamento público á participación da cidadanía para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de xénero ás 12:00 horas na Casa dos Alonso, contarase coa actuación musical de Xardín Desordenado e convídase a todos e todas a tinguir a Praza do Reló de negro, en sinal de  rexeitamento de todo tipo de agresións e violencia machista, apoiando ás vítimas e transmitindo as xeracións futuras o respecto á igualdade de mulleres e homes para defender unha sociedade xusta e paritaria. 


O Concello de A Guarda convida á cidadanía a concentrarse na Praza do Reló o domingo 26 de novembro

 Para acadar este fin pedimos á xente que acuda ata a Praza do Reló con roupa, sombreiros, chuvasqueiros, paraugas...de cor negra. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario