23 de nov. de 2018

O ROSAL

O CONCELLO ORGANIZA UN CAMPAMENTO DE NADAL 

· É unha actividade gratuita 

Infogauda / O Rosal

 O Concello do Rosal organiza o Campamento de Nadal co principal obxectivo de conciliar vida familiar e laboral a través de actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo libre tras rematar o período lectivo. 

 DESTINATARIAS/OS 

 Rapazas e rapaces de entre 4 (nacidos/as no 2014) e 12 anos, cumpridos no momento da inscrición ao campamento que reúnan as seguintes circunstancias: 

• Empadroadas/os no Rosal (comprobarase que os menores inscritas/os están empadroados no concello) 

• Non empadroadas/os no Rosal pero que o seu pai, nai, titor, titora traballe ou posúa un negocio no Rosal. 

NÚMERO DE PRAZAS E LUGAR DE CELEBRACIÓN 

 O número de prazas ofertadas son 15. A actividade desenvolverase en instalacións municipais. 

DURACIÓN E HORARIO 

 O campamento desenvolverase os días 26, 27 e 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro de 9:00 a 14:00 horas. 

PREZO: 

O campamento de Nadal é gratuito. 

SELECCIÓN DE PARTICIPANTES 

 No caso de que se superen o número de prazas ofertadas valoraranse os seguintes aspectos: 

• Nai /pai / titora / titor da/o menor estean traballando. 

• Pertencer a unha familia monoparental 

• Pertencer a familia numerosa 

 No caso de igualdade de condicións entre varias solicitudes terase en conta a orde de inscrición da solicitude. 

 O Concello do Rosal reservará un número de prazas para colectivos en situación de especial vulnerabilidade se así o estima oportuno.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario