17 de nov. de 2018

A GUARDA

SANIDADE

A CIDADANÍA SAIU A RÚA DEMANDANDO MELLORAS NO PUNTO DE ATENCIÓN CONTINUADA (PAC) DE A GUARDA

· Máis médicos, equipamento en medios de diagnóstico e ambulancias


Cabeceira da manifestación o seu paso pola rúa Baiona
Fotos: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 A Guarda está na periferia. Así ven sendo desde a noite dos tempos. Esa circunstancia condiciona, pero ainda perxudica máis, que en pleno século XXI, a nivel comunicacións por estrada estemos como estamos, o que inflúe moi negativamente, non soio no desenvolvemento económico deste municipio, senón na saúde dos propios veciños. E cando falamos de saúde temos que incidir na insuficiente dotación de medios de diagnóstico e tamén de recursos humanos, como se pode constatar no Punto de Atención Continuada (PAC) de A Guarda. E non é porque desde a Corporación Municipal de A Guarda non hubera iniciativas para tentar correxir á situación. É porque desde á Consellería de Sanidade, da Xunta de Galicia, non teñen á sensibilidade que corresponde a unha poboación como A Guarda e súa área de influenza. 

 Non é de recibo que para poder dispór dunha radiografía haxa que percorrer uns 65 quilómetros (ida e volta), perder parte da mañá, e o que é pìor, ter que aturar previamente unha vergoñenta e inxustificable espera para acceder a ese servizo. E todo porque o Centro de Saúde de A Guarda carece do correspondente equipo de radiografías e obviamente do persoal necesario para elo. Como tamén carece de un ecógrafo, o que conleva tamén a correspondente e inasumible - polo excesivo número de meses -  espera e o desprazamento ao hospital de referencia situado no termo municipal de Vigo. 

 A esas carencias e súas consecuencias para á saúde e para a economía dos veciños de A Guarda e súa contorna, hai que sumarlle á insuficiente dotación de medios humanos no P.A.C., situación que os propios profisionais da Sanidade pública veñen denunciando sen que polo de agora, a Consellería de Sanidade haxa dado os pasos necesarios para correxila. 

 Todo iso motivou que este sábado día 17 de novembro, respondendo á convocatoria feita en tempo e forma por Xermán Cordero Verde, presidente de Gestión Democrática de A Guarda, unha representación de veciños de A Guarda, O Rosal e Oia, saisen á rúa.

Xermán Cordero Verde - a dereita da imaxe - informando das consignas que serían coreadas o longo do percorrido da manifestación

 Dese xeito, logo de concentrarse diante da Casa do Concello, pouco despois das 11:30 horas, un grupo de varias decenas de persoas, precedidas por unha pancarta co texto "POR MÁIS MÉDICOS EN URXENCIAS", saiu en dirección o Centro de Saúde, pasando previamente pola Rúa Cervantes, Praza de Joaquín Alonso, Rúa Vicente Sobrino, Avenida de Galicia, Rúa Baiona, Rúa Rosalía de Castro e Avenida de Portugal.

 O longo do percorrido, que se desenvolveu sen ningún tipo de incidentes, e co apoio de efectivos da Policía Local de A Guarda que se ocupou da labor de coordinación do tráfego rodado e da seguranza viaria dos veciños; os manifestantes que foron in crescendo ata algo máis dun centenar, corearon varias consignas, como: "Como está a cousa? A cousa está fatal!". "Coas Urxencias non se xoga". "A Sanidade non se vende. Deféndese!". "Xunta escoita! 20.000 habitantes están en loita!". "Máis médicos para as Urxencias!". "Isto pasa polos recortes",...

Xermán Cordero Verde - a esquerda da imaxe - xunto a Mª Mercedes Martínez Vázquez, no decurso da lectura do manifesto diante do Centro de Saúde de A Guarda


 E o chegar o Centro de Saúde de A Guarda, foi lido o seguinte:

 MANIFESTO DA MANIFESTACIÓN  

“POR MÁIS MÉDICOS PARA O SERVIZO DE URXENCIAS DA GUARDA”  

 Todos somos coñecedores dos problemas existentes no servizo de urxencias da Guarda donde cada dúas por tres quedamos sen persoal para que atenda as ditas urxencias. Sen ir máis lonxe a semana pasada e o 20 de outubro sucedeu isto, por poñer algún exemplo. 

 Onde hai [que] lembrarlle á Xunta de Galicia que no caso da Guarda o servizo de Urxencias está denominado como PUNTO DE ATENCIÓN CONTINUADA (PAC). Isto significa que o persoal laboral e que está a traballar atende as demandas sen programación, atendendo todas urxencias e emerxencias xurdidas: tanto no Centro de Saúde, coma na vía pública ou nos domicilios dos pacientes que hai na zona de influencia deste PAC. Estamos a falar que son uns 20.000 habitantes pertencentes aos concellos de Oia, O Rosal e A Guarda, e que cando non é unha emerxencia gorda, tendo que saír fora destes tres oncellos. 

 Isto sucede porque só hai un equipo de garda cunha ambulancia disponible, cando as incidencias sufridas nesta área dos tres concellos dan para que o SERGAS poña un segundo equipo de persoal. A ambulancia que hai, está de servizo de 24 horas, se esta ten que saír, a ambulancia máis próxima é a do Val Miñor ou a de Tui co que isto significa na tardanza en chegar. Isto solucionaríase con poñer unha ambulancia que está en Tomiño que ten 12 horas de servizo e pasala a 24 horas. 

 Isto non o debemos de permitir, debemos todos xuntos pórlle freo, e demandar á Xunta de Galicia e á Consellería de Sanidade, que dote de servizo de urxencias - PAC da Guarda do persoal necesario xa que somos o servizo de urxencias máis afastado do hospital de referencia. 

 Xa estamos fartos desta situación, por iso estamos hoxe aquí concentrados veciños dos concellos implicados para demandarlle ao Sr. concelleiro de Sanidade que escoite as demandas que facemos, que son moi fáciles de resolver, e que son as seguintes: 

1. Dotar o servizo de urxencias da Guarda de máis persoal. 

2. Dotar A Guarda dunha ambulancia medicalizada polo menos nos meses estivais como a teñen outros concellos como por exemplo Sanxenxo. Ou pór a ambulancia de Tomiño 24 horas. 

3. Así como que se dote ao centro de saúde dun equipo de RX e dun equipo de ecografías.

 Unha vez rematada á lectura do devandito manifesto, por parte de Mª Mercedes Martínez Vázquez,  e cando eran ás 12:00 h., deuse por rematada a manifestación, na que por certo moitos participantes constataron a non asistencia da maioría dos membros da Corporación Municipal de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario