26 de nov. de 2018

A GUARDA

«The Pretty Shirts» presentou seu último novo disco

 · Cun concerto na Casa dos Alonsos
  
The Pretty Shirts no concerto de presentación do seu novo disco «A Few Seconds»
Fotos: C. A.G.

Infogauda / A Guarda

 O pasado sábado día 24 de novembro a Casa dos Alonsos acolleu o concerto de presentación do novo traballo discográfico do grupo local The Pretty Shirts titulado xenéricamente «A Few Seconds».  

 Máis dun cento de persoas acudiron a esta cita musical, que por motivos climatolóxicos se celebrou nos baixos da Casa dos Alonso, e non na Praza do Reló, como estaba previsto inicialmente.

 The Pretty Shirts actuando diante do seu público na noite do pasado sábado

 The Pretty Shirts é unha banda de rock and roll cru e directo que segue a premisa orixinal do garaxe-rock, gastando todas as enerxías sobre o escenario. A banda, nada na Guarda (Pontevedra) no 2009, tras varios proxectos dos seus compoñentes, xurde coa única premisa de crear rock and roll e percorrer canto escenario sexa posible.  

 En outubro de 2011 inician as gravacións de estudo para o seu primeiro EP de presentación «So Good To Be Right Here» recibindo unha moi boa resposta por parte do público. En xuño de 2014 publican un sinxelo de dous temas titulado «Ain’t No Another Love Song» e despois de rodar por múltiples escenarios con este single, en abril de 2015, gravan o seu primeiro LP homónimo en Baixo Miño Estudios. O disco conta con 8 temas nos que, por unha banda, se mira a enerxía do seu directo e pola outra, o lado máis sosegado da banda. En outubro de 2018 presentan «A Few Seconds» da man de Clifford Records. Un álbum conceptual composto por 11 cancións onde The Pretty Shirts falan do imprevisible camiño que transcorre entre o primeiro e puro amor, pasando por noites escuras, euforia, erros, penitencia e situacións de superación ata que a gran verdade debe ser afrontada.   

 A banda está formada por Miguel Castro (guitarra e coros), Miguel Domínguez Lomba (voz), Manuel González (percusión e coros) e Álvaro Vázquez (Baixo).  

 A Few seconds é un disco lanzado recentemente en formato 12” LP que recolle un total de 11 temas novos da banda.    

 Este concerto contou co apoio da Concellería de Cultura do Concello da Guarda.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario