17 de out. de 2018

OIA

PATRIMONIO

MOVEMENTO OIA ESIXE A ACCESIBILIDADE AOS BENS DE INTERESE CULTURAL (BIC) 

Xoán Lois Vila (concelleiro do Grupo Mixto Municipal de Oia)Dende Movemento Oia criticamos que o concello continúa coa súa parálise ante os problemas do mosteiro e incumprindo a Lei de Patrimonio de Galicia (...)


Infogauda / Oia

 Por causa de facer política populista o PP e o PSOE de Oia non teñen claro o que votan en pleno diante dos veciños... ”. Dese xeito ven de pronunciarse o concelleiro do Grupo Mixto Municipal de Oia, Xoán Lois Vila Pinel, o cal esixe novamente a accesibilidade aos bens de interese cultural

 Dende Movemento Oia criticamos que o concello continúa coa súa parálise ante os problemas do mosteiro e incumprindo a Lei de Patrimonio de Galicia, e por causa de facer política populista o PP e o PSOE non teñen claro os acordos plenarios que adoptan en pleno diante dos veciños en acordos anteriores..., afirma Xoán Lois Vila. 

 Desde Movemento Oia - En Marea indican tamén que mediante unha moción de data 24 de setembro de 2018 (Rexistro de Entrada nº 2520) o concelleiro, Xoán Lois Vila, propós á Corporación dirixirse de novo a Xunta para insistir na necesidade de facer cumprir a Lei de Patrimonio de Galicia, nesta ocasión solicitando a accesibilidade aos Bens de Interese Cultual (BIC) é dicir, instar ao propietario a permitir a visita publica obrigatoria para os bens de interese cultural especificamente declarados

 Nunha anterior moción promovida pola plataforma SOS Mosteiro fai nove meses se había logrado o acordo unánime de tódolos partidos. Pero esta nova solicitude solo foi aprobada co apoio dun Concelleiro de Converxencia Galega e as abstencións do resto dos membros da corporación; do PP sumados ao PSOE e o resto de Converxencia Galega

 De acordo coa certificación - a cal tivo acceso este xornal dixital - expedida  en data 28 de setembro de 2018 pola Secretaria do Concello de Oia sometido o asunto a votación sobre accesibilidade aos bens de interese cultural, o concello en Pleno, con dous votos a favor dos concelleiros Xoán Lois Vila (Grupo Mixto) e José Manuel Romero Martínez (Converxencia Galega), e 8 abstencións dos concelleiros do PP, PSOE e Luis Giráldez (Converxencia Galega), aproba por maioria simple instar ao goberno galego o seguinte acordo: 

 1. Desenvolver un verdadeiro catálogo dixital sobre os bens de interese cultural que conte con información detallada e que inclúa, cando menos, información contrastada acerca do horario de visitas, así como unha breve descrición do ben do que se trate. 

 2. Desenvolver un programa de inspección técnica de patrimonio xunto cos concellos, que permita coñecer o nivel de conservación de cada un dos bens de interese cultural coa fin de poder focalizar as necesarias labores de restauración e conservación

Ningún comentario:

Publicar un comentario