29 de out. de 2018

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

OS COMUNEIROS DE CAMPOSANCOS IMPULSARÁN A CREACIÓN E CONSOLIDACIÓN DE UN PARQUE FORESTAL NO MONTE SANTA TREGA

· O orzamento total do proxecto é de 25.046,88 € que será afrontado con achegas da Deputación de Pontevedra, Concello de A Guarda, Padroado Monte Santa Trega e fondos propios


José Fernando Martínez Martínez, presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Camposancos 
Foto: Infogauda

Infogauda / Camposancos

 A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Camposancos ven de asinar  o pasado día 26 de outubro de 2018, na Secretaría do Concello de A Guarda, un convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra, o Concello de A Guarda e o Padroado Municipal Monte Santa Trega para a creación e consolidación dun parque forestal que abranguerá 19 hectáreas do Monte Santa Trega.      

 En decraracions a Infogauda, José Fernando Martínez Martínez, presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Camposancos, explicou as liñas de actuación que teñen previstas: Imos facer unha intervención en 19 hectáreas do Monte Trega, que consistirá en eliminación de especies invasoras nesas 19 hectáreas.     

 En 11 hectáreas podaremos as árbores existentes e faránselle tallas de formación.     

 En 15 hectáreas  realizaremos tallas de formación.     

 Prantaremos 1.300 árbores de frondosas e arbustos en 5 hectáreas: Carballos de distintas especies, oliveiras, espiña santa (Paliurus spina-christi), Árbore de Judas (Cercis siliquastrum)... 

 O orzamento total do proxecto é de 25.046,88 €, que será afrontado coas seguintes achegas:

Deputación: 17.118.00 €                     
Concello Padroado: 3.000,00€                          
Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos: 4.928,88 €

 Estes traballos teñen que ser certificados en xuño de 2019.

 Seguimos tratando de mellorar o Trega”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario