27 de out. de 2018

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

OBXECTIVO: ELIMINAR ÁS ESPECIES ARBÓREAS INVASORAS NO MONTE SANTA TREGA

ALUMNOS E PROFESORES DO COLEXIO MANUEL RODRÍGUEZ SINDE SUMÁRONSE Á INICIATIVA DA COMUNIDADE DE MONTES DE CAMPOSANCOS

Escolares e profesores do Colexio Manuel Rodríguez Sinde, en plena labor de arrincado de acacias no Monte Santa Trega (A Guarda)
Fotos: José Fernando Martínez Martínez

Infogauda / Camposancos

 Como xa informamos en edicions precedentes, a xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos, traballadores contratados pola devandita comunidade, e comuneiros voluntarios, están desenvolvendo á meritoria iniciativa de tentar erradicar do Monte Santa Trega, as especies arbóreas alóctonas, e decir que non son orixinarias do lugar no que se atopan, como é o caso das acacias, que ademáis, están consideradas como invasoras.

 Atendendo á chamada á colaboura efectuada pola xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos, que preside José Fernando Martínez Martínez, os comuneiros están recibindo a solidariedade activa dos alumnos e profesores dos centros educativos de A Guarda.

 En decraracións a este xornal dixital, José Fernando Martínez Martínez díxo: “Este venres día 26 de outubro de 2018, atendendo a petición da xunta reitora da Comunidade de Montes de Camposancos o Colexio Público Rodríguez Sinde sumouse a iniciativa de no posible, eliminar as acacias na zona de Chans no monte Trega. 

 Tres profesores Alberto, Alejandro e Luis, subiron a pe, acompañando a un grupo de máis de 30 alumnos, dende o colexio, recollendo o lixo que os incívicos imos deixando tirado (botellas, plásticos de todo tipo...), dándonos unha lección que deberíamos, os adultos, ter aprendida, para logo en Chans de Arriba arrincar as acacias invasoras.  

 Non podemos por menos que agradecerlle a todo o colectivo escolar (claustro de profesores, alumnas/os, ANPA,...), este esforzo por dar unha clase maxistral de natureza, que os alumnos non esquecerán, e nos tampouco.   

 Este colexio colaborou na segunda xornada "Pola eliminación de especies invasoras no Trega" iniciativa a que se siguen sumando mais colexios guardeses, e a que están todos convidados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario