27 de out. de 2018

A GUARDA

A Feira do Emprego e Formación Tecnoimaxín concluíu

· Cunha Feira de Empresas da comarca cun rasgo innovador


María Caeiro - a esquerda da imaxe - puxo o broche final a esta edición de Tecnoimaxín
Fotos: C. A.G.
A Feira de Empresas da comarca cun rasgo innovador, foi presentada pola coach e psicóloga social Susana Rodríguez

Infogauda / A Guarda

 Este sábado día 27 de outubro celebrouse na Casa dos Alonso a derradeira xornada da Feira do Emprego e Formación Tecnoimaxín, cunha Feira de Empresas da comarca cun rasgo innovador, presentada pola coach e psicóloga social Susana Rodríguez.
  
Alicerce
Coballes
Comunica
Fernando Coello
Imerys Ceramics

 Nesta edición contouse coa participación de empresas e empresarios da comarca coma Alicerce, Bonos BienestarCoballes,  Comunica, Fernando CoelloImerys Ceramics e Randstad.  

María Caeiro

 Ademáis desta Feira de Empresas, realizouse unha charla sobre «Nova perspectiva nos Recursos Humanos, unha mirada sensible na era tecnolóxica» a cargo de María Caeiro, conselleira delegada do Grupo Caeiro, que puxo o broche final a esta edición de Tecnoimaxín.  

Randstad


 Tamén nesta xornada, o grupo Randstad, empresa líder en traballo temporal e recursos humanos, realizou unha recollida de currículos que engrosarán súas bases de datos para posibles vacantes nos diferentes postos que ofertan na actualidade, momento que aproveitaron moitos veciños e veciñas da comarca do Baixo Miño na procura de emprego.

  A Feira do Emprego e Formación Tecnoimaxín remata na Guarda logo de desenvolver unha ampla programación de actividades que ao longo de 3 días se celebraron na Casa dos Alonso, un evento que estivo dirixido a estimular o talento e crear cultura emprendedora na comarca do Baixo Miño.  

 O proxecto conta cunha páxina web onde se pode consultar informacións de interese sobre este Feira do Emprego e Formación, que aspira a converterse nunha cita obrigada para todas aquelas persoas interesadas en coñecer máis sobre as novas tecnoloxías, a formación continua e emprego, novas vías de negocio, entre outras novidades do sector empresarial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario