1 de out. de 2018

A GUARDA

CULTURA

“Colón: Rumbo a las Yndias”

· O libro sobre a multipremiada colección de filatelia temática de José Ángel Gándara Rodríguez, será presentado o día 13 de outubro, na Casa dos Alonso

Infogauda / A Guarda

 O sábado, día 13 de outubro, as 20:00 horas, na Casa dos Alonso (Praza do Reló) se presentará o libro que leva por título “Colón: Rumbo a las Yndias” que contén a colección de filatelia temática de José Ángel Gándara Rodríguez, quen ven de acadar a Medalla de Ouro na Exposición Mundial de Brasil-17, que reconoce e amplía os premios e a categoría desta colección. 

 Esta publicación editada por InfoMAXE, está financiada polo Concello de A Guarda e conta coa colaboura de Instituto de Estudos Miñorans (IEM), Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI) e Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais PIUEIRO. 

 Na presentación intervirán, Celso R. Fariñas por InfoMAXE; Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda; José Ángel Gándara Rodríguez, filatélico autor da colección “Colón: Rumbo a las Yndias”Antonio Cid Vázquez que disertará sobre o Colón galego. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario