17 de set. de 2018

A GUARDA

PECHE DA EXPOSICIÓN “AMIGOS DO MAR”

· Nos dous meses que estivo aberta ó público, pasaron por ela máis de 10.000 persoas, entre veciños e visitantes

Membros da xunta directiva da Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro, de A Guarda e familiares de Dna. Guadalupe 
Fotos: Piueiro

Celso R. Fariñas * / A Guarda

 Despois de dous meses de manter as súas portas abertas, este pasado domingo día 16 de setembro, a Iª MOSTRA AMIGOS DO MAR, instalada no local que fora de Efectos Navales “Guadalupe”, na Rúa do Porto, foi clausurada, e como xa temos manifestado noutros momentos, a experiencia foi máis que positiva, pois en todo este tempo, pasaron pola mesma, máis de 10.000 visitantes, tanto locais como foráneos, quedando todos eles cunha moi boa impresión.  

 Queremos deixar moi claro, que esta mostra, sirviu para que moitas persoas, viñeran a ofrecernos, uns en donación e outros en depósito, o material que tiñan nas súas casas, así como tamén, permitirnos reproducir fotografías de familiares en actividades vinculadas co traballo no mar, ben a bordo dos barcos, ben atando, ou recollendo argazo, e outras imaxes, das que seguiremos recollendo máis para logo intentar facer unha publicación e presentala nos actos do XIV ENCONTRO DE EMBARCACIONS TRADICIONAIS que se celebrará no noso pobo do 11 o 14 de xullo de 2019.
  
Directivos e familiares da Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro, cos propietarios do local onde tivo lugar a Iª Mostra Amigos do Mar

 Como é de ben nacidos ser agradecidos, a Xunta Directiva de “PIUEIRO” acordou entregar un agasallo a familia propietaria do baixo, -Familia da Guadalupe- en agradecemento a súa colaboración desinteresada, na cesión dese local, sin esixir nada a cambio, e ofrecendo tódalas facilidades constantemente.

 Tamén a Xunta Directiva de PIUEIRO, aproveitou esta ocasión, para agradecer a pacencia que súas mulleres tiveron para con eles, dada a cantidade de desplazamentos a diversos lugares de Portugal e de Galicia para manter xuntanzas con autoridades, asociacións de embarcacións tradicionais e doutra índole, centros educativos, etc., para buscar o máximo de colaboracións para conseguir que o ENCONTRO sexa un gran éxito para A Guarda en xeral. 

 Queremos recordar, que dende PIUEIRO seguiremos facendo máis actividades, entre elas a exposición que se instalará na Casa dos Alonso a partir do día 22 deste  mes, e que está exposta no Museu Municipal de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzím.  

* Secretario da Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro, de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario