Andatui organiza a travesía desde a Peneda ata a Sistelo
· O sábado 20 de outubro, no Parque Nacional Peneda - Geres
Vista parcial da freguesía de Sistelo cos seus socalcos clasificados como Monumento Nacional en Paisaxe Cultural
Infogauda / Tui
O club Andatui organiza, o sábado 20 de outubro, unha andaina no Parque Nacional Peneda - Geres, será a travesía desde a Peneda ata a Sistelo.
A ruta, duns 22 quilómetros con dificultade alta, comezará no santuario da Peneda con finalización na freguesía de Sistelo, elixida esta en setembro de 2017 como unha das 7 maravillas de Portugal na categoría de Aldeas Rurais, e en decembro do mismo ano o Goberno de Portugal aprobou un decreto clasificando os seus socalcos como Monumento Nacional en Paisaxe Cultural.
Toda a información, tanto para facer a ruta como para inscribirse atópase na web de Andatui, sendo o mércores 17 de outubro ás 12 da noite a data límite para inscribirse.
Ningún comentario:
Publicar un comentario