PIRAGÜISMO
DEZ MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS III TAÇA PONTE DA AMIZADE DE SLÁLOM
Por equipos, o Montaña Quixós de Monforte de Lemos foi o gañador, seguido do Club Deportivo Miño-Teixugos e do Penedo Te Importa de Caldelas de Tui
Informa (Fotografías e Redacción): Rosa Fernández Carrera / Vilanova de Cerveira
O domingo día 23 de setembro tivo lugar en Vila Nova de Cerveira, nas augas do río Miño, a III Taça Ponte da Amizade de Slálom. O evento foi organizado polo Club Deportivo Miño e as Federacións Galega e Portuguesa de piragüismo, e contou coa participación de deportistas dos clubs galegos e portugueses de slálom. Para os portugueses puntuou para o Campeonato Nacional de Esperanças, e para os galegos foi a 7ª Competición da Liga Galega de Promoción de Slálom.
O equipo dos Teixugos estivo formado nesta ocasión por doce deportistas, moitos do cales fixeron doble competición, en kaiak e canoa. Todos eles tiveron unha destacada participación.
En K1 prebenxamín, Alejandro Suárez, acadou a medalla de bronce
Sergio Rodríguez gañou en K1 e acadou o bronce en C1, e Samuel Castro resultou prata en canoa e bronce en kaiak
Ainhoa gañou en K1 e foi segunda en C1 e Alba primeira en C1 e segunda en K1
En Cadete Muller, Ariadana Pereira foi a gañadora da proba
En K1 prebenxamín, Alejandro Suárez, o noso participante máis novo, acadou a medalla de bronce. Javier LLuch na categoría benxamín foi quinto. En alevín masculino, Adrián Lluch tamén foi quinto en K1 e sétimo en C1, Antón Fernández rematou undécimo e Alexandre González vixésimo sexto. Na categoría infantil Sergio Rodríguez gañou en K1 e acadou o bronce en C1, Samuel Castro resultou prata en canoa e bronce en kaiak e Alexis Segadaes rematou en quinto lugar en K1. En Infantil feminino Ainhoa Barreiro e Alba Soutelo dominaron as probas, Ainhoa gañou en K1 e foi segunda en C1 e Alba primeira en C1 e segunda en K1. En Cadete Muller, Ariadana Pereira foi a gañadora da proba, medalla de ouro, polo tanto.
Impresionante balance para os Teixugos nesta proba galego-portuguesa cun total de dez medallas: catro ouros, tres pratas e tres bronces.
Na clasificación final por equipos, o Montaña Quixós de Monforte de Lemos foi o gañador, seguido do Club Deportivo Miño-Teixugos e do Penedo Te Importa de Caldelas de Tui.
Ningún comentario:
Publicar un comentario