7 de set. de 2018

TUI

A Xunta de Galicia convoca para os días 2 e 3 de outubro aos propietarios dos terreos afectados pola execución de trazado do semienlace de acceso ao polígono industrial de Areas-Tui 

Os titulares das fincas están citados na casa consistorial de Tui, entre as 09: 30 e as 13:30, en quendas que seguen a orde alfabética 

Este semienlace complementa a ligazón prevista entre a A-55 e a VAP Tui-A Guarda e conectará o polígono coas vías de alta capacidade, atendendo á demanda de veciños e usuarios na mellora das conexións desta zona industrial

Infogauda / Tui

 A Xunta convoca para os vindeiros días 2 e 3 de outubro aos propietarios do terreos afectados pola execución do trazado do semienlace de acceso ao polígono industrial de Areas-Tui, desde a Vía de Altas Prestacións, Tui –A Guarda.  

 Tal é como publicou onte o boletín oficial da provincia de Pontevedra, a Xunta cita na casa consistorial de Tui aos propietarios das fincas para levar a cabo o levantamento de actas previas os vindeiros días 2 e 3 de outubro, establecendo quendas que seguen a orde alfabética dos apelidos.  

 Os titulares das fincas están convocados no consistorio municipal, entre as 09:30 e as 13:30 horas. O día 2 de outubro emprázase aos propietarios cuxos apelidos van da letra A á M, citándose ao resto dos propietarios para o seguinte día 3 de outubro.  

 Este semienlace complementa á ligazón prevista entre a A-55 e a VAP Tui- A Guarda, conectando directamente o polígono de Areas con estas vías de alta capacidade, atendendo á demanda dos veciños e usuarios do polígono de mellora das conexións desta zona industrial. A Xunta está a ultimar a redacción do proxecto que integra o semienlace de Areas no proxecto completo do enlace entre a A-55 e a vía de alta capacidade Tui -A Guarda.  

 Estas actuacións proxectadas desde a Consellería de Infraestruturas e Vivenda favorecerán a mobilidade e os desprazamentos nesta área industrial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario