TRANSPORTE PÚBLICO PARA O ALUMNADO ROSALEIRO DA SANGRIÑA E NECEDIDADES DE TRANSPORTE PARA O ROSAL
Ánxela Fernández (portavoz do BNG no Concello do Rosal): "Levamos insistindo nada menos que tres anos para que o goberno local do PP entenda que o que hai que facer é solicitar formalmente da Xunta de Galicia o establecemento dunha liña de transporte público que coincida cos horarios de entrada e saída do Instituto da Guarda"

Infogauda / O Rosal
No pleno de setembro de 2015 aprobouse por unanimidade unha proposta do BNG no Rosal na que se instaba ao Concello a solicitar un servizo de transporte público para o alumnado do Rosal que estuda no IES A Sangriña.
"Levamos insistindo nada menos que tres anos para que o goberno local do PP entenda que o que hai que facer é solicitar formalmente da Xunta de Galicia o establecemento dunha liña de transporte público que coincida cos horarios de entrada e saída do Instituto da Guarda", afirma Ánxela Fernández Callís, portavoz do BNG do Rosal.
"Para nós - engade Ánxela Fernández -, o Rosal precisa, unha mellora xeral do servizo de transporte público.
Ademáis do autobús do IES A Sangriña, as nosas propostas son:
-Unha liña directa co Hospital Álvaro Cunqueiro
-Recuperar a liña que comunicaba coa Universidade de Vigo.
-Un servizo de transporte público que comunique as parroquias e barrios co Calvario.
Desde o BNG do Rosal seguiremos defendendo a necesidade de mellorar o transporte público no noso Concello, apunta a portavoz municipal do BNG".
"A cuestión é se a alcaldesa do Rosal, Mari Carmen Alonso, está disposta a defender e loitar polos intereses da veciñanza do Rosal diante do Goberno do PP da Xunta de Galiza," comenta Ánxela Fernández.
Ningún comentario:
Publicar un comentario