6 de set. de 2018

A GUARDA

Música, visitas guiadas e exposicións  

· Na programación desta fin de semana na Guarda 



Infogauda / A Guarda

Programación por días  

Venres 7 de setembro:  

 A Sala de exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle ata o 13 de setembro a Exposición de fotografía «Raíces Celtas en la Amazonía venezolana», da autoría de Oscar Noya-Alarcón e que se pode visitar nas instalacións do Centro Cultural da Guarda, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas. 


 A Praza do Reló da Guarda acolle ás 22:00 horas, a terceira e derradeira cita de Música nas Prazas 2018 coa actuación de Pepe Vaamonde Trío. 

 Pepe Vaamonde Trío é un formato reducido de Pepe Vaamonde Grupo, mais nace tamén cunha clara idea e cun repertorio musical que se nutre dos catro traballos discográficos da banda, inda que facendo unha escolla de temas fundamentalmente encamiñados ao baile tradicional. Trátase de músicas pensadas orixinalmente para ser bailadas nun claro entorno foliadeiro e festivo. Este grupo está composto por Miryam González ao acordeón, Pipo Alvariño á guitarra e voz e Pepe Vaamonde na gaita, frauta e voz. 

 Sábado 8 de setembro: 


 Durante a xornada deste sábado realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega. Ás 11:30 h. con saída do Castro, e ás 12:30 h, e 17:00 h., respectivamente, con saída dende o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT). 

 A Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle a mostra «Raíces celtas en la Amazonía venezolana» da autoría de Oscar Noya-Alarcón. Se pode visitar na mañá deste sábado de 10:00 h. a 13:00 h. 

 Domingo 9 de setembro: 

 Durante a xornada deste domingo realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega. Ás 11:30 h. con saída do Castro e ás 12:30 h. e 17:00 h. respectivamenhte, con saída dende o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT).

Ningún comentario:

Publicar un comentario