“XORNADAS DE EMPREGO E INNOVACIÓN COLABORATIVA”, DO 18 AO 21 DE SETEMBRO NO CONCELLO DE TOMIÑO
· A idea é a de conectar ideas e persoas, acompañando a emprendedores, empresas e institucións na procura de solucións innovadoras para desenvolver marcas, produtos, servizos
Infogauda / Tomiño
O Concello de Tomiño organiza unhas “XORNADAS DE EMPREGO E INNOVACIÓN COLABORATIVA”, do 18 ao 21 de setembro no noso concello. Trátase dunhas xornadas, de balde, destinadas á mocidade de Tomiño e Vila Nova de Cerveira con proxectos emprendedores, persoas desempregadas ou non, que desexen converterse en axente activo do territorio a través de proxectos de emprendemento, sociais e/ou culturais.
A idea é a de conectar ideas e persoas, acompañando a emprendedores, empresas e institucións na procura de solucións innovadoras para desenvolver marcas, produtos, servizos ou ferramentas relevantes para o crecemento dun negocio actual , e sensibilizar sobre as oportunidades que as persoas emprendedoras poden topar nos sectores asociados ao mundo rural, a través da innovación e a creatividade.
Durante catro días, as persoas anotadas participarán de forma activa nos seguintes obradoiros:
Análise das tendencias no mundo rural; Novas formas de relación e colaboración entre empresas; Espazos de traballo colaborativos; Innovación centrada nas persoas; Novos modelos de financiación alternativa; Novas ferramentas na busca de emprego, e unha sesión entre empresas e persoas desempregadas.
PARA INSCRICIÓNS E MÁIS INFORMACIÓN, PREMER EIQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario