3 de set. de 2018

DEPORTES

VISITA DE LUXO DE LIDIA PARADA SANTOS, A ACTUAL MELLOR XAVELINISTA DE ESPAÑA, AO I CAMPUS DE ATLETISMO DE TOMIÑO

· DESPOIS DE DISPUTAR HAI APENAS UNS DÍAS, O EUROPEO DE BERLÍN E RECIEN CHEGADA DOS XOGOS IBEROAMERICANOS (TRUJILLO –PERÚ) 

Lidia Parada Santos, Jessica Rial Vázquez e Lardo Moure, cos participantes no I Campus de Atletismo de Tomiño

Informa (fotografías e Redacción): Patricia Pereira Guisantes / Tomiño

 Foi a última visita programada do I Campus de Atletismo, con deportistas de alto nivel. 

 Esta vez estaba reservada nada menos que para Lidia Parada Santos, a actual campioa de España de xavelina absoluto feminino, con este currículo impresionante: 

Lidia Parada Santos (11/6/1993) 
· Campioa de España de xavelina (10 anos consecutivos) Absoluto: 2018/2017/2016/2015 
· Sub-23: 2014/2013 
· Xuño: 2012/2011 
· Xuvenil: 2010/2009 
· XIV Campionato de Europa Berlín 2018. 
· XV Campionato de Europa Ámsterdam 2016 
· VI Campionato de Europa  Sub 23  Tallin 2015 
· XI Campionato de Europa  Sub 23  Tampere 2013 
· XV Campionato do Mundo Junior Barcelona 2012  
· V Campionato Iberoamericano (Trujillo, Perú 2018/ e  Sâo Paulo, Brasil 2014) 
· V Copa de Europa de lanzamentos  Leiría 2014 
· Récord de España  Sub 23 (59.03 m), segunda mellor marca española de todos os tempos (61.25 m) 
· Récord Galego: Absoluto,  sub 23, Junior, Xuvenil. 

 Nesta visita tamén lle acompañaron Jessica Rial Vázquez, especialista en probas de velocidade, e Lardo Moure adestrador actual das dúas. 

 O obxectivo desta (invitación – visita) foi ensinar aos nenos e nenas que falar de atletismo non é só correr e saltar, concienciar a que tamén existen as modalidades de lanzamentos, en especial esta, unha da máis complicadas, por ter tantas fases na súa execución final, que son nada menos que 12. 

Jessica, Lardo e Lidia ensináronlles os participantes do I Campus de Atletismo materiais e técnicas de lanzamento


 Durante toda a xornada de mañá ensináronlles (Jessica, Lardo e Lidia) desde o material que usan en competicións a como empezar unha sesión  de lanzamentos a partir do preaquecemento articular, activación, estiramento- quecemento  aeróbico de carreira, lanzamentos mediante exercicios de asimilación a técnica de iniciación de pelota, bórtex e xavelinas de escuma e iniciación, ata chegar ao prato forte con xavelinas de competición para logo rematar con estiramentos. 

 E xa no tramo final quedou un oco para a sesión de autógrafos nas camisetas das/os nenas/os, abrazos e foto do grupo. 

 Agradecer a estes compañeiros polo seu gran labor, por mostrar esta disciplina aos máis peques. Grazas a Lidia, Jessica e Lardo

 Tamén mil grazas ao Concello de Tomiño, ao concelleiro Ismael e monitores do Atletismo Trega. 

 Lembrade, que para o ano que vén máis e mellor, quedando todos convidados. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario