3 de set. de 2018

A GUARDA

O Concello pecha o ciclo Música nas Prazas 2018 

· Este venres día 8 de setembro, ás 22:00 horas, na Praza do Reló, coa actuación de Pepe Vaamonde Trío


Infogauda / A Guarda

 Este venres día 7 de setembro de 2018, ás 22:00h., a Praza do Reló acollerá a terceira  e derradeira cita de Música nas Prazas 2018 coa actuación de Pepe Vaamonde Trío.

 A entrada é de balde.

 Despois das dúas sesións anteriores celebradas nos meses de xuño e agosto nas Prazas de Salcidos e de San Amaro en Camposancos, coas actuacións Liquen e BieitoSolo, agora é a quenda final coa actuación de Pepe Vaamonde Trío. 

 Pepe Vaamonde Trío é un formato reducido de Pepe Vaamonde Grupo, mais nace tamén cunha clara idea musical cun repertorio que se nutre dos catro traballos discográficos da banda, inda que facendo unha escolla de temas fundamentalmente encamiñados ao baile tradicional. Trátase de música pensada orixinalmente para ser bailadas nun claro entorno foliadeiro e festivo. Este grupo está composto por Miryam González ao acordeón, Pipo Alvariño á guitarra e voz e Pepe Vaamonde na gaita, frauta e voz. 

 A programación de Música nas Prazas 2018 finaliza despois dun notable éxito de afluencia de público nas dúas sesións anteriores, fomentando a música en diferentes espazos abertos do municipio, tentando dar visibilidade e dinamismo a todos eles por igual, levando a cultura musical a todas as parroquias da vila. 

 Ao longo deste tres anos foron moitas as formacións musicais do panorama local e galego que teñen pasado polas prazas da vila guardesa, entre elas, De Vacas, Sonus de Gaya, Indomables, Argonat Band, Mbolo Mooye Doolé, Carmen Johns, entre outros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario