TRIBUNA ABERTA
COBRO POR OCUPACIÓN DE VÍA PÚBLICA
DESDE O EQUIPO DE GOBERNO SE MIRA PARA OUTRO LADO
No documento adxunto figura o "esquema resumen de las cesiones realizadas"
Fonte: Converxencia Galega
En distintas ocasións, tanto de xeito persoal, como nas Comisións Informativas de Urbanismo e tamén en Pleno, teño feito a pregunta sobre o cobro de OCUPACIÓN DE VÍA PÚBLICA, que parece se cobra como según quen sexa o afectado.
As respostas recibidas, non son de recibo, e mellor facer coñecer o que acontece en concreto con respecto a unha das obras que se está executando nestes momentos.
Digo o anterior xa
que en data do 29.06.2017 a Xunta de Goberno Municipal, en Sesión Extraordinaria
(SUPOÑEMOS QUE SERÍA PARA QUE NON
PERDERA MOITO TEMPO, MENTRAS OUTROS TEÑEN LICENZAS MENORES NA ESPERA DENDE HAI
MOITOS MESES) se otorga a LICENZA Nº
15/2017 do proxecto visado no C.O.A.G. en data do 16.05.2017 e
inmediatamente se da inicio as obras.
Pero isto non é o importante.
En data do 11.05.2017,(R. C. 2721 ) existe
unha solicitude de aliñación, que repostada, (suponemos que verbalmente) e
levantada a Acta de Retranqueo no mesmo día.
Dado que dito
retranqueo, E A CESIÓN GRATUÍTA O CONCELLO DUNHA SUPERFICIE, debemos entender
que ese espacio pasa a formar do solo viario público.
Cando un veciño
solicita permiso para instalar un andamio para pintala fachada da casa, ou por
calquer outro tipo de traballo, ten que solicitar e abonar a ocupación de vía
pública. ¡¡Tódolos veciños!! Neste caso ¡¡NON!!
As obras se están
realizando a día de hoxe, con ocupación do espazo cedido e parte do xa
existente, e dende o Equipo de Goberno, se mira para outro lado. ¡¡Se atreven
a decir con todo descaro que aquel terreo ainda é del!! e non contestes, lle
adxudican unha obra.
Ata agora, tiñamos
entendido que ca nova Lei de Contratos Públicos, non podían contratar ca
Administración Pública, aquelas persoas ou empresas que mantiveran algún tipo
de débeda cas mesmas.
E para mostra un
botón, fai poucos anos, a algún negocio da hostelería, non poido optar a
instalar un posto na Festa da Lagosta porque non estaba o día ca Administración
Central, e neste caso sendo ca Administración Local se mira para outro lado.
Hai cousas que non
teñen moita explicación, pero algún dia o entenderemos.
A Guarda a 03 de setembro
do 2018
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario