VIAXE A BURGOS
· Os días 20 e 21 de outubro de 2018
Infogauda / A Guarda
A Asociación Cultural Alfombristas da Guarda, organiza unha viaxe á cidade de Burgos, que se desenvolverá os días 20 e 21 de outubro de 2018.
O prezo é de 140,00 euros/persoa, e ademais do autocar e hotel, inclúe un almorzo, dous xantares e unha cea.
O número de praza inicialmente dispoñibles era de 45, e o último día para anotarse é o 10 de setembro.
O telefóno de información é o seguinte: 647 919 254
O programa da viaxe ten varios actos litúrxicos, os cales se celebrarán no centro da cidade, polo cal quen o desexe poderá visitar ademáis da catedral, a Praza Maior, San Nicolás de Bari, o Museo do Retabro ou o Pozo do Castelo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario