CULTURA MARÍTIMA
XUNTANZA DE CULTURMAR COA CONFRARÍA IBÉRICA DO TEJO (PORTUGAL) E A ASOCIACIÓN CULTURAL DE EMBARCACIONS TRADICIONAIS PIUEIRO
Participantes na xuntanza celebrada na Guarda
Celso R. Fariñas * / A Guarda
O pasado domingo día 2 de setembro, levouse a cabo unha grata xuntanza na nosa localidade entre CULTURMAR, a CONFRARÍA IBÉRICA DO TEJO, de Vila Franca de Xira (Lisboa) e PIUEIRO, de A Guarda, a fin de coñecernos e intercambiar experiencias e ideas cara a celebración do XIV ENCONTRO DE EMBARCACIONS TRADICIONAIS que do 11 o 14 de xullo do 2019 se celebrará no porto de A Guarda, así como, en correspondencia, acudir como invitados o Iº ENCONTRO IBÉRICO que eles celebrarán no mes de agosto de 2019.
Entre os asuntos tratados, quedou para o estudo do Comité Organizador, a posibilidade da presentación dun libro que acaban de editar sobre a vida dos pescadores do mar e do río naquela parte de Portugal. Que a súa asistencia o encontro veña acompañada cun grupo folclórico, para coñecer as costumes típicas daqueles pobos e contrastar as diferencias cas do Norte de Portugal, e como non, a presenza, da súa embarcación máis emblemática, a “bateeira”. Unha embarcación de cerca de 7 metros, en forma de media lúa, sen quilla.
* Secretario da Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro, de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario