A vindeira semana
O Concello de A Guarda abrirá os prazos de inscricións dun Curso de Pilates e das Escolas Deportivas de Patinaxe e Baloncesto
Infogauda / A Guarda
A partires da vindeira semana ábrense os prazos de inscricións para as próximas actividades deportivas que se levarán a cabo no Concello da Guarda.
Por unha banda o mércores 12 de setembro se abre o prazo de inscricións para o Curso de Pilates, unha actividade deportiva que se levará a cabo os martes e xoves de 19:00h a 20:00h e que terá un custo mensual de 28,50€.
Do 10 ao 28 de setembro estará aberto o prazo de inscricións para as Escolas Deportivas de Patinaxe e Baloncesto que se imparten na Guarda a través da Deputación de Pontevedra. O horario previsto para as Escolas de patinaxe é os luns de 17:00 h. a 19:00 h., unha hora por grupo. O horario previsto para as Escolas de baloncesto é os venres de 16:00 h. a 18:00 h. tamén unha hora por grupo.
Toda a información e inscricións sobre estas actividades facilitarase na OMIX da Guarda, no teléfono 986 610 000 ext.1015 ou no enderezo electrónico: informacion@aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario