As oficinas de Turismo da Guarda atenderon a máis de 2.000 persoas nos meses de xullo e agosto
O alcalde de A Guarda, a concelleira de Turismo e a técnica municipal de Turismo, co persoal da oficina de Turismo aberta no porto de A Guarda
Fotos: C. A. G.
Infogauda / A Guarda
O executivo municipal ven de dar conta que «a oficina de Turismo do concello da Guarda ampliou os seus servizos durante a época estival, abrindo unha oficina adicional de información turística no Porto da Guarda, ademais da xa existente na Praza do Reló. A finalidade deste reforzo foi o de garantir unha maior e mellor atención dos visitantes na localidade, que nestes meses aumentan notablemente a súa afluencia, rexistrándose un total de 2.136 persoas atendidas e 802 consultas varias na oficina turística do Porto da Guarda ».
O alcalde, concelleira e técnica de Turismo, co persoal da oficina de Turismo
Fontes municipais indicaron que «neste ano 2018 a oficina de información turística do porto estivo en funcionamento dende o 7 de xullo, e a atención a visitantes manterase ata o vindeiro 10 de setembro, cun horario de apertura de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas, de luns a domingo ininterrompidamente.
A asistencia de público ás actividades culturais desenvolvidas o longo do verán foi moi importante
De xeito xeral, as tarefas desenvoltas na oficina de información turística baseáronse na atención directa do visitante; proporcionando información turística, tanto sobre os recursos e eventos de interese da localidade, como sobre os existentes na comarca e localidades próximas».
Vista parcial da Praia do Forte, en Camposancos
Vista da Praia Area Grande
Desde o Concello de A Guarda tamén salientan: «Destacou nesta tempada estival a gran afluencia de bañistas, dato que non quedou rexistrado nas oficinas de turismo, pero que si se comprobou a pé de praia, rexistrando unha ocupación moi alta, sobre todo no mes de agosto, grazas a boa climatoloxía e a calidade dos areais fluviais e marítimos da Guarda, contando con dous distintivos de Bandeira Azul nas Praias de Area Grande e O Forte - coñecida popularmente como Praia do Muíño, e un distintivo de EcoPlayas na Praia do Forte (O Muíño)».
O evento festivo máis representativo do verán guardés son ás Festas do Monte Santa Trega
No resumo da tempada estival, o executivo municipal indica: «Outro dato a resaltar foi a ampla participación nos eventos culturais que ao longo desta tempada estival se sucederon en diferentes espazos públicos do municipio, cunha axenda cultural moi extensa e para todas as idades nas que os eventos musicais, exposicións e festas gastronómicas tiveron un forte protagonismo.
Máis de 1.400 persoas participaron nas visitas guiadas no Monte Santa Trega
As visitas guiadas ao Monte Santa Trega tamén congregaron nos meses de xullo e agosto a unha boa parte dos visitantes do municipio, que cada fin de semana participaron nas visitas á Citania de Santa Trega, ao Via Crucis ou ao Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT), reunindo a máis de 1.400 participantes de diferentes nacionalidades.
No apartado deportivo, a Travesía a nado, o Torneo de Balonmán Praia, o Torneo de Basket ou o DepoDesafío tamén contaron cunha afluencia significativa, destacando non só ao número de participantes, senón tamén ao público asistente a estes eventos.
Participantes nunha ruta de sendeirismo
Recentemente o Concello da Guarda firmou o Convenio de Adhesión á Rede de Oficinas de Turismo Info Rías Baixas da Deputación de Pontevedra, coa finalidade de contar con persoal formado e profesional para unha atención turística de calidade e cun horario ampliado».
Me congratula muitisimo que a lo menos por unha vez y espero que para sempre a praia do FORTE de Camposancos mal chamada do Muiño se a nombra correctamente respetando a Toponimia do lugar, "xa era hora", ¡oxalá sexa definitivo!
ResponderEliminar