OBRADOIRO DE ATENCIÓN PLENA E RISOTERAPIA ADICADO ÁS FAMILIAS
· O vindeiro luns ábrese o prazo de inscricións para un obradoiro de Atención Plena e Risoterapia
Infogauda / A Guarda
O Concello da Guarda abrirá o vindeiro luns día 10 de setembro o prazo de inscricións para un obradoiro adicado ás familias, que terá lugar na Guarda todos os xoves entre o 18 de outubro e o 29 de novembro, de 18:00 h. a 20:00 h.
Este obradoiro de Atención Plena (Mindfullness, en inglés) e Risoterapia está pensado para toda a familia (nais, pais, fillas/os, avóas/ós), de entre 6 e 99 anos. Os menores de 12 anos deberán acudir sempre acompañados dunha persoa adulta, e que preferentemente pertenzan a mesma familia, ainda que non é obrigatorio.
Este obradoiro terá unha duración total de 16 horas e realizarase no Centro Cultural da Guarda, sito na Rúa Rosalía de Castro.
As inscricións e informacións para este obradoiro, que forma parte do programa Tecendo Lazos, da Deputación de Pontevedra, xestionaranse a través da OMIX do Concello da Guarda, chamando ao 966 610 000 ext.1015.
Ningún comentario:
Publicar un comentario