27 de set. de 2018

A GUARDA

A Guarda despide o mes de setembro 

· Con teatro, exposición, visitas guiadas e xornada de observación de estrelas 

A exposición Marcas dos mariñeiros de Póvoa de Varzim e de A Guarda, pode visitarse ata o día 6 de outubro, na Casa dos Alonso
Foto: C. A. G.

Infogauda / A Guarda

 A Guarda despide o mes de setembro con varias actividades nunha fin de semana que estará marcada por unha obra de teatro para bebés, as visitas guiadas ao Monte Santa Trega, a exposición sobre as Marcas dos Pescadores de Póvoa de Varzim e de A Guarda, e unha xornada de observación de estrelas no Monte Torroso.

 Venres 28 de setembro:


 A exposición das Marcas dos Pescadores de Póvoa de Varzím continúa na Casa dos Alonso (Praza do Reló), da man do Museo Municipal de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim e da Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro. Nela recéollese unha mostra fotográfica, iconografía relixiosa, aparellos de pesca, bibliografía e material etnográfico sobor das marcas dos pescadores, maquetas navais, unha embarcación tradicional poveira,... 

 Pódese visitar este venres en horario de 7:30 h. a 15:00 h. e de 19:00 h. a 20:30 h.

Sábado 29 de setembro:


 Durante a xornada deste sábado realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega. A primeira ás 11:30 h. con saída do Castro e ás 12:30 h. e 17:00 h., respectivamente, con saída dende o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT). 


 Este sábado o Concello da Guarda, a través do Departamento de Turismo, organiza unha noite de observación de estrelas ás 21:00 h. con saída dende a Casa Forestal do Torroso na parroquia de Salcidos. Para participar nesta actividade é preciso realizar unha inscrición previa no enderezo electrónico turismo@aguarda.es ou chamando ao 986 614 546, data límite ata este venres 28 de setembro. 


 O sábado 29 de setembro o Centro Cultural da Guarda acolle a sesión de teatro «Zapatos», recomendada para bebés de entre 1 e 4 anos, que correrá a cargo de Caramuxo Teatro e que está enmarcada no programa Cultura no Camiño.

 A sesión de teatro terá lugar ás 18:00 h. e é preciso retirar previamente as entradas no Centro Cultural en horario de 10:00 h. a 13:00 h. e de 17:00 h. a 20:00 h. 

 A exposición das Marcas dos Pescadores de Póvoa de Varzím e de A Guarda continúa tamén este sábado na Casa dos Alonso. Pódese visitar en horario de 11:00 h. a 13:30 h. e de 19:00 h. a 20:30 h.

Domingo 30 de setembro:  

 Durante a xornada deste domingo realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega. Ás 11:30 h. con saída do Castro e ás 12:30 h. e 17:00 h. con saída dende o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT). 

 A Exposición das Marcas dos Pescadores de Póvoa de Varzím e de A Guarda continúa aberta da mán da Asociación Piueiro, na Casa dos Alonso. Pódese visitar en horario de 11:00 h. a 13:30 h. e de 19:00 h. a 20:30 h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario