Peitieiros celebra a VI Semana Cultural e o XXV Festival Folclórico Internacional
Informa: Centro Cultural e Recreativo Peitieiros
O Centro Cultural de Peitieiros celebra do 20 ao 25 de agosto a VI Semana Cultural e o XXV Festival Folclórico Internacional, que terá lugar o vindeiro sábado 25 de agosto, ás 19:30 horas.
O luns 20 de agosto, na sede do Centro Cultural en Peitieiros, comeza a VI Semana Cultural e o XXV Festival Folclórico.
O programa da V Semana Cultural é o seguinte:
Os días 20 e 21 ensaios abertos do grupo Ecos e Agarimos, ás 20 horas.
Mércores 22, xeira coorganizada co IEM sobre a toponimia do monte de Peitieiros: Polos cumes de Peitieiros. A paisaxe nomeada, guiada por Xosé Lois Vilar. O punto de encontro é ás 19 horas no alto de San Antoniño.
Xoves 23 ás 21:00 h. inauguración da exposición de Xistra: “30 anos de ghaitada”.
Xoves 23 ás 22:00 h. teatro: Trasluz teatro representará Piollosos no ador de Peitieiros.
Venres 24 ás 22:00 h.: Canto de taberna co Grupo de canto tradicional do CCV de Peitieiros e o Grupo Mistura de Vigo.
O sábado 25 de agosto celebraremos o XXV Festival Folclórico Internacional, por tanto, o vixésimo quinto aniversario deste evento que naceu vinculado á creación do grupo Ecos e Agarimos que, desde entón, formou xeracións de músicos e bailadores. A eles e elas está dedicado este Festival que este ano ten o seguinte programa:
12:00h Clausura da exposición: “30 anos de ghaitada” coa presenza de Xistra.
19:30h Ecos e Agarimos de Peitieiros, grupo anfitrión, Danças e cantares de Vitorino dos Piães, (Ponte de Lima), e Os Chavellos (Mos).
O XXV Festival Folclórico conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, do Concello de Gondomar, do IEM, de Xistra e da Comunidade de Montes de Peitieiros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario